Listado de novas:
Presentación novo número de revista Terra de Outes
Xoan Mariño - 16/04/2022
|
|
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O próximo sábado, 16 de abril, no noso local social do Cruceiro de Roo, ás 12.30 da mediodía presentaremos o novo número da revista Terra de Outes. Para celebralo, durante a presentación, serviranse uns pinchos que acompañaremos con viño (ou no seu defecto, refresco). Se andades por aquí, estades convidados.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Acto pola memoria hístorica
Xoan Mariño - 14/04/2022
|
|
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
un ano máis a comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convaca un acto para commemorar o 14 de abril. Vai ser, de novo, no Confurco (Lousame), ao pé do monumento ás vítimas do franquismo.Se vos interesa, este acto, co que se quere lembrar os valores republicanos e dignificar ás vítimas da represión franquista, vai ser ás 6 da tarde.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos
Xoan Mariño - 19/03/2022
|
|
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Soledad Agra Tuñas, en representación do BNG de Muros-Noia fíxonos chegar unha invitación para unha homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos, con ocasión do 30 aniversario do seu pasamento, que esa organización vai realizar o próximo sábado 19 de marzo, no claustro do concello de Noia, de 12 a 13 horas.
Adxunto o programa, por se a alguen de vós lle interesa asistir.
Xoán Mariño
presidente da asociación Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Cnmemoración do 8 de marzo, día internacional da muller
Xoan Mariño - 08/03/2022
|
|
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Soledad Agra Tuñas, responsable comarcal do BNG Muros Noia invita á asociación Terras de Outes a articipar, dentro dos actos de conmemoración do 8 de marzo, día internacional da muller, nun roteiro por Outes, tendo o seu punto de partida na casa de Añón para reivindicar a figura de Nicolasa Añón.
Se alguén de vós está interesado/a, en arquivo adxunto van os detalles da convocatoria.
Un cordial saúdo.
Xoán Mariño
[...]
|
Ler máis...
|
|
Campaña Vía Galega
Xoan Mariño - 14/02/2022
|
|
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
A Plataforma Vía Galega está a desenvolver unha campaña para reclamar o dereito a conformar seleccións galegas en todos os deportes e a competir a nivel oficial e internacional.
A través dunha exposición itinerante (que se pode ver na Casa da Cultura da Serra ata o día 20), e diversas publicacións (dispoñibles alí mesmo), e actividades (entre elas a difusión dun himno (que se pode ver en https://www.youtube.com/watch?v=Zyp3EED0SDY),Vía Galega trata de promover entre deportistas, adestradores, federacións, entidades deportivas, peñas e cidadanía en xeral o dereito de Galiza a estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas.
Dentro desa campaña, Vía Galega presentou o Manifesto “Galiza, un Pobo, unha selección”. Este manifesto, que se pode consultar e adherir na web www.viagalega.gal, pretende reclamar que deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio, ademais de galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.
Animámoste a que asines o manifesto (premendo aquí), que está enmarcado na campaña a prol das nosas seleccións.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|
|