Prezados/as socios e socias de Terra de Outes Recentemente a nosa Asociación veu incrementada a súa flota de embarcacións tradicionais con outras dúas naves (unha buceta e unha dorna) que nos foron doadas por uns particulares. Posto que temos que rexistralas, debemos escoller un nome para poñerlle a cada unha delas, polo que imos levar adiante un inquérito entre os socios/as de Terra de Outes para averiguar cales son os que gustan máis á maioría. Así que en primeiro lugar, abrímos un prazo ata final de mes para recibir propostas e logo se pasarán a todos os socios/as para que no lapso de unha semana voten polos súas denominacións preferidas. Se houbese empate, faríase unha nova votación entre as máis votadas. Se tes algún nome que consideres deberían levar ou che gustaría que levasen os nosos novos barquiños de vela, fáinolo saber antes de que acabe novembro. Un cordial saúdo Xoán X. Mariño Presidente de Terra de Outes.
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O próximo sábado 20 de outubro, no local social do lugar de Outes, a nosa Asociación organiza unha comida (paella) para celebrar a saída da revista nº 44 de Terra de Outes.
Se desexades acudir debedes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do xoves, 18, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 12 € (menores de 18 a metade e menores de 14, 3 €).
Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase na sobremesa (5 da tarde aproximadamente) e todos/as que acudades a ela, estades invitados/as a tomar un café con nós.
En todo caso recibide un afectuoso saúdo.
Xoán X. Mariño
O venres 28 de setembro ás 7 da tarde a nosa Asociación inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición a de esculturas e reves do artista ranxeiro Che Tembra, que se poderá visitar ata o 28 de outubro; no acto intervirán Xoán Mariño, presidente da Asociación organizadora da mostra, e mailo propio autor, referente na plasmación da Memoria Histórical na escultura barbancesa.
Ao remate do acto tomaremos na cafetería da Casa da Cultura un viño e uns pinchos co artista, para o cal vos remito un convite a todos/as en arquivo adxunto.
O noso socio Raúl Soutelo vai presentar o vindeiro martes 25 de setembro, ás sete do serán, na casa de Cultura de Porto do Son, o libro titulado O Son que coñeceu Ramón Caamaño, escrito en colaboración con Xosé Manuel Vázquez Lijó.