Prezados socios e socias de Terra de Outes: O próximo sábado 20 de abril, no noso local social do lugar de Outes, a nosa Asociación organiza unha comida (pulpo con cogomelos) para celebrar a saída da revista nº 46 de Terra de Outes. Se desexades acudir debedes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do xoves, 11, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 15 € (menores de 18 a metade e menores de 14, 5 €). Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase na sobremesa (5 da tarde aproximadamente) e todos/as que acudades a ela, estades invitados/as a tomar un café con nós. En todo caso recibide un afectuoso saúdo. Xoán X. Mariño
O próximo domingo, 14 de abril a comisión pola recuperación da memoria histórica do Barbanza vai realizar unha OFRENDA FLORAL na memoria das vítimas do franquismo.
Se estades interesados en asistir, o acto vai ter lugar ás 12.00 no Monumento ás Voces Silenciadas que esta comisión erguiu o ano pasado no Confurco (Lousame).
En arquivo adxunto remitimos INVITACIÓN para a presentación dos libros respectivos de Chis Oliveira, Amada Traba, Inma López e Carme Adán que terá lugar o o próximio sábado na Casa da Cultura.
Ao remate tomaremos uns viños e uns resfrecos na cafetería.
Como todos os anos, ao comezo do Entroido, a ACC Terra de Outes celebra unha lacoada, para todos os socios/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos/as dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma con catro días de antelación, para saber coa maior exactitude posible a cantidade de carne que vai ser necesario desalar.
A lacoada vai ter lugar o sábado 2 de marzo ás 21 horas nun restaurantede Outes aínda por determinar, pero cómpre que confirmes a túa asistencia –e nos digas se vas traer acompañante/s– antes das 21 h. do martes 26 de febrero, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com.
O venres 22 de febeiro ás 8.30 da tarde a nosa Asociación inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición de fotopoemas do noso socio Manuel López, que se poderá visitar ata o 8 de marzo; no acto intervirán Manuel do Río, profesor do IES Virxe do Mar e mailo propio autor. Ao remate do acto tomaremos na cafetería da Casa da Cultura un viño e uns pinchos co poeta, para o cal vos remito un convite a todos/as en arquivo adxunto.
Na asemblea anual celebrada o pasado sábado 19 de xaneiro no noso local social a petición don nosos socio Dr. José Dios,acordouse apoiar a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Públicaque terá lugar o próximo domingo 10 de de febreiro, ás 12da mañá na alameda de Santiago, en defensa da sanidade pública.