Diante dun novo plan de creación doutro parque eólico no monte da Pena, e a petición dunha asociación de afectados, remitímosvos un modelo de alegacións que podedes presentar a título individual no Portelo Único de calquera concello, eso si, debe ser antes de 15 días.
Se vos preocupa a conservación do medio ambiente, remitídello a todos os vosos achegados, a ver se damos xuntado 50.000 alegacións para abrumar un pouco aos promotores e os seus cómplices na Consellería de Industria.
O próximo martes, 20 de xullo, ás 12.30, na casa da Cultura da Serra. o músico Rodrigo Romaní e Xoán Mariño, presidente da ACC Terra de Outes, presentan a VIII edición do Noia Harp Fest.
En adxunto, a convocatoria para a churrascada que Terra de Outes organiza o próximo mes de xullo na área recreativa do Liceo de Noia en Ceilán. O prezo por persoa andará entre os 12 e os 15 €.
Na sobremesa presentaremos o nº 55 da revista Terra de Outes.
Fixáte no prazo para anotarte.Se unicamente queres asistir á presentación da nosa revista, non é necesario que te apuntes con antelación e estás invitado/a a tomar un café con nós.
Diante da reducción de prazas educativas (persoal docente e non docente) no colexio da Serra decretada pola consellería de Educación, a nosa Asociación apoia a convocatoria realizada pola ANPA de dito centro educativo para concentrarse diante do colexio mañá xoves ás 8 da tarde contra os recortes na educación.