Listado de novas:
Conferencia
Xoan Mariño - 24/01/2019
|
|
Prezados socios/as e amigos/as de Terra de Outes:
O próximo xoves,24 de xaneiro, as 18:30 h. o noso socio Dr. Xosé Mª Dios Diz, impartirá unha conferencia no Centro Social da Barquiña de Noia coa colaboración do Dr. Angel Lado Llerena, sobre "Coidados Paliativos: quén coida o/a coidador/a?"
E o xoves, 31 de xaneiro, ás 18:30 h. o propio Dr. ª Dios Diz impartirá outra conferencia-coloquio no Centro Social de Outes, sobre "Problemas Urolóxicos", e será a conferencia número 100 desde que comenzaron estas charlas socio-sanitarias hai 23 anos. Para celebralo, os/as asistentes están convidados a uns pinchos no mesmo Centro Social, ao rematar este acto organizado coa colaboración de Terra de Outes.
Xoán X. Mariño
[...]
|
Ler máis...
|
|
Asemblea Anual Asociación
Xoan Mariño - 19/01/2019
|
|
Prezadas socias e socios de Terra de Outes:
O próximo sábado, 19 de xaneiro celebraremos a Asemblea Anual da nosa Asociación e máis outra extraordinaria para elexir directiva. A continuación, como todos os anos, faremos unha comida para todos os socios/as e acompañantes que desexen asistir á mesma e, na sobremesa, será presentada a revista nº 45 de Terra de Outes.
En adxunto remitímovos ambas convocatorias, co sitio e hora.
Para acudir á Asemblea non é necesario avisar, pero si para participar na comida, cuns días de antelación.
Se non podedes ou non vos apetece asistir ao xantar, pero si á presentación da revista que terá lugar na sbremesa, estades todos /as convidados/as a brindar cun cava ou cunha sidra con nós por este novo ano e a nova revista,
Convocatoria asemblea xeral ordinaria xaneiro 2019
Convocatoria asemblea xeral EXTRAORDINARIA xaneiro 2019
Xoán X. Mariño
presidente de Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago
Xoan Mariño - 09/01/2019
|
|
Rezados amigos/as de Terra de Outes:
Como xa saberedes, dende o 12 de Novembro, os/as traballadores/as de todos os colectivos do Servizo de Urxencias do H. Clínico, están en folga, ante o nulo ou escaso recoñecemento (tanto por parte da Xerencia como da Consellería de Sanidade) das súas reivindicacións, que non son máis que a procura de calidade na atención e a dignificación para os/as usuarios/as do servizo.
No marco desta loita, hai convocada unha Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago, para este mércores 9 de Xaneiro, que partirá ás 19 horas dende a Praza Roxa ata a Praza de Praterías.
Pola importancia que este servizo ten para todos e todas nós, a ACC Terra de Outes invítavos a participar nesta manifestación.
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Cea de Nadal
Xoan Mariño - 15/12/2018
|
|
Prezado socio/a de Terra de Outes: O próximo sábado 15 de decembro terá lugar a tradicional cea de Nadal de Terra de Outes, no restaurante de Casa Roque.
O menú, de 25 € por persoa, está composto por
Entrantes
1º prato: bacallau ou merluza
2º prato: terneira ou porco
Postre
Viño
Se estás interesado/a en asistir, comunícanolo ( e se vas vir acompañado /a) antes do día 12 de decembro neste correo ou no teléfono 634 416 574.
Xoán Mariño
Presidente de Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Enquisa para escoller o nome dos novos barcos
Ramón Blanco - 05/12/2018
|
|
|
Estimados/as socios/as: enviamos enquisa para escoller o nome dos novos barcos da asociación. Só hai que pinchar no enlace "FILL OUT FORM", completar a breve enquisa e pinchar en "SUBMIT" para enviar. Moitas grazas. Asdo.: Ramón Blanco - secretario de Terra de Outes |
|
Escolla un nome para cada embarcación
|
Nomes para as novas embarcacións de Terra de Outes, unha dorna e unha buceta. Os nomes "Adorna, Sabeliña" e "Broña, Berberecha", foron respectiva e especificamente propostos para a dorna e a buceta. No resto dos casos os nomes propuxéronse sen especificar e por iso van incluídos en cada embarcación. |
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|
|