Soledad Agra Tuñas, en representación do BNG de Muros-Noia fíxonos chegar unha invitación para unha homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos, con ocasión do 30 aniversario do seu pasamento, que esa organización vai realizar o próximo sábado 19 de marzo, no claustro do concello de Noia, de 12 a 13 horas.
Adxunto o programa, por se a alguen de vós lle interesa asistir.