Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 85 ata 90 de 179 elementos

<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516 17 18 19 20 21 22 23   ... 30 Seguinte >>

OFRENDA FLORAL

Xoan Mariño - 14/04/2019
Ver noticia

Prezados/as socios e socias de Terra de Outes:
O próximo domingo, 14 de abril a comisión pola recuperación da memoria histórica do Barbanza vai realizar unha OFRENDA FLORAL na memoria das vítimas do franquismo.
Se estades interesados en asistir, o acto vai ter lugar ás 12.00 no Monumento ás Voces Silenciadas que esta comisión erguiu o ano pasado no Confurco (Lousame).
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Presentación dos libros respectivos de Chis Oliveira, Amada Traba, Inma López e Carme Adán

Xoan Mariño - 09/03/2019
Ver noticia

Prezados amigos e amigas de Terra de Outes:
En arquivo adxunto remitimos INVITACIÓN para a presentación dos libros respectivos de Chis Oliveira, Amada Traba, Inma López e Carme Adán que terá lugar o o próximio sábado na Casa da Cultura.
Ao remate tomaremos uns viños e uns resfrecos na cafetería.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

Lacoada

Xoan Mariño - 02/03/2019
Ver noticia

Prezado/as socio/as de Terra de Outes:

Como todos os anos, ao comezo do Entroido, a ACC Terra de Outes celebra unha lacoada, para todos os socios/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos/as dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma con catro días de antelación, para saber coa maior exactitude posible a cantidade de carne que vai ser necesario desalar.

A lacoada vai ter lugar o sábado 2 de marzo ás 21 horas nun restaurante de Outes aínda por determinar, pero cómpre que confirmes a túa asistencia –e nos digas se vas traer acompañante/s– antes das 21 h. do martes 26 de febrero, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com.

      Un cordial saúdo                    

                                                    Xoán X. Mariño

                                    Presidente da A. C.-C. TERRA DE OUTES

                                                      Outes, 14 de febreiro de 2019

[...]
      Ler máis...

Exposición de fotopoemas

Xoan Mariño - 22/02/2019
Ver noticia

Prezados amigos e amigas de Terra de Outes: 

O venres 22 de febeiro ás 8.30 da tarde a nosa Asociación inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición de fotopoemas do noso socio Manuel López, que se poderá visitar ata o 8 de marzo; no acto intervirán Manuel do Río, profesor do IES Virxe do Mar e mailo propio autorAo remate do acto tomaremos na cafetería da Casa da Cultura un viño e uns pinchos co poeta, para o cal vos remito un convite a todos/as en arquivo adxunto.

 
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
 
Presidente da ACC Terra de Outes
 
 
 
 
 
[...]
      Ler máis...

Apoio a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública

Xoan Mariño - 19/02/2019
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Na asemblea anual celebrada o pasado sábado 19 de xaneiro no noso local social a petición don nosos socio Dr. José Dios,acordouse apoiar a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública que terá lugar o próximo domingo 10 de de febreiro, ás 12 da mañá na alameda de Santiago, en defensa da sanidade pública.
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Conferencia

Xoan Mariño - 24/01/2019
Ver noticia

Prezados socios/as e amigos/as de Terra de Outes:
O próximo xoves,24 de xaneiro, as 18:30 h. o noso socio Dr. Xosé Mª Dios Diz, impartirá unha conferencia no Centro Social da Barquiña de Noia coa colaboración do Dr.  Angel Lado Llerena, sobre "Coidados Paliativos: quén coida o/a coidador/a?"
 
E o xoves, 31 de xaneiro, ás 18:30 h. o propio Dr. ª Dios Diz impartirá outra conferencia-coloquio no Centro Social de Outes, sobre "Problemas Urolóxicos",  e será a conferencia número 100 desde que comenzaron estas charlas socio-sanitarias hai 23 anos. Para celebralo, os/as asistentes están convidados a uns pinchos no mesmo Centro Social, ao rematar este acto organizado coa colaboración de Terra de Outes.
Xoán X. Mariño
ACC Terra de Outes
 
 
[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516 17 18 19 20 21 22 23   ... 30 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574