Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Campaña Vía Galega

     Xoan Mariño      14/02/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:

 

A Plataforma Vía Galega está a desenvolver unha campaña para reclamar o dereito a conformar seleccións galegas en todos os deportes e a competir a nivel oficial e internacional.

A través dunha exposición itinerante (que se pode ver na Casa da Cultura da Serra ata o día 20), e diversas publicacións (dispoñibles alí mesmo), e actividades (entre elas a difusión dun himno (que se pode ver en https://www.youtube.com/watch?v=Zyp3EED0SDY),Vía Galega trata de promover entre deportistas, adestradores, federacións, entidades deportivas, peñas e cidadanía en xeral o dereito de Galiza a estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas.

 

Dentro desa campaña, Vía Galega presentou o Manifesto “Galiza, un Pobo, unha selección”. Este manifesto, que se pode consultar e adherir na web www.viagalega.galpretende reclamar que deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio, ademais de galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

 

Animámoste a que asines o manifesto (premendo aquí), que está enmarcado na campaña a prol das nosas seleccións.

 

 

 

 

Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

 

 

 

 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574