O concello de Outes pídenos difundir a seguinte información:
Acábase de poñer en marcha unha nova campaña de compostaxe e repartirá entre a veciñanza, de xeito totalmente gratuíto, 175 composteiros.
O prazo de solicitude destes composteiros está xa aberto. A súa entrega realizarase durante as xornadas formativas que terán lugar en xuño-xullo.
As persoas interesadas en facerse cun destes composteiros, poden solicitalo chamando ao 662 52 36 14 ou enviando un correo electrónico a alba.quintela@outes.gal, indicando nome e apelidos, enderezo da vivenda onde se vai colocar o composteiro e un teléfono de contacto.
Graciñas pola vosa participación e implicación no coidado do noso medio natural.
Anexo así mesmo o cartel elaborado con motivo da campaña que nos remitiu Inés Fusquiños, técnica de Foresin, a empresa que está a desenvolver esta campaña de compostaxe no concello de Outes, e que nos agradece por adiantado o reenvío de toda esta información a quen consideredes que lle poida ser de interese.
De novo, polas circunstancias excepcionais que estamos vivindo, non puidemos levar a cabo a presentación da nosa revista na sobremesa da comida coa que soemos celebrar cada novo número, polo que unha vez máis debemos facelo de xeito virtual.
Se a alguén lle apetece ver a presentación que, nesta ocasión realizou Ramón Blanco, membro do consello de redacción, ou non tén outra cousa que facer no tempo de confinamento, mándovos aquí o enlace onde podedes acceder á gravación que o noso socio Vicente Abelleira, colocou en youtube. O enlace é: https://youtu.be/vJnqC2aRqP8
Esta revista está xa á vosa disposición nos lugares habituais de venda da Serra de Outes e Noia. Pero o seu contido tamén estará accesible, para os que non vos poidades desprazar, na nosa páxina WEB: www.terradeoutes.com en canto nos manden o PDF da imprenta na que se imprimiu.
Durante toda a existencia da nosa revista (que pronto cumprirá os 14 anos), o exemplar de xaneiro soíamos presentalo na sobremesa da comida que seguía sempre á nosa asemblea anual de xaneiro.
Dado que nesta ocasión, polas circunstancias excepcionais que estamos vivindo, non puidemos levar a cabo a citada asemblea, a presentación da revista, toda vez que non quixemos faltar á nosa cita cos lectores, debeu ser virtual.
Se a alguén lle apetece vela, ou non tén outra cousa que facer no tempo de confinamento, mándovos aquó o enlace onde podedes acceder á gravación realizada polo noso socio Vicente Abelleira, que decidiu adornala cunha canción do disco En clave de Ja co que nos agasallou o grupo A Tajea que nesta ocasión entrevistamos para as nosas páxinas centrais. O enlace é: https://youtu.be/TlNpt8dtu-c
Esta revista está xa á vosa disposición nos lugares habituais de venda da Serra de Outes e Noia. Pero o seu contido tamén está accesible, para os que non vos poidades desprazar, na nosa páxina WEB: www.terradeoutes.com
Estatutariamente, durante o presente mes de xaneiro, debiase celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación na que aprobar (se procedese) as contas do pasado ano, así como outra extraordinaria na que elexir unha nova directiva, pero polas circunstancias derivadas da actual pandemia, entre as que se inclúen as restriccións impostas polas autoridades sanitarias, por acordo da actual directiva do día 27 de xaneiro de 2021, decidíuse pospoñer dita asemblea ata que a situación sanitaria permita a súa celebración con total garantía para a saúde de todos e todas as socios e socias, o cal comporta a continuidade da actual directiva en funcións ata ese momento.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes pídenos difundir as bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal" co que pretenden fomentar o uso da lingua galega e potenciar a creatividade da rapazada.
Desde Terra de Outes animarmos tanto a persoas adultas como aos seus nenos e nenas a participar deste concurso. Todas as persoas que participen no concurso optarán a algún dos premios que hai preparados, entre os que hai 300€ en xogo para gastar no comercio local. Nas categorías adultas haberá un obsequio só por participar.
En adxunto acompañamos as bases do concurso cuxo prazo de presentación remata o 22 de decembro e os traballos recolleranse na Casa da Cultura da Serra de Outes.