Hoxe ás 7, na Casa da Cultura da Serra, acto de Terra de Outes sobre a enerxía eléctrica. Se traes un recibo da luz pódenche exclicar canto podes aforrar.
Como todos os anos, ao comezo do Entroido, a ACC Terra de Outes celebra unha lacoada, para todos os socios/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos/as dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma con tres días de antelación, para saber coa maior exactitude posible a cantidade de carne que vai ser necesario desalar.
A lacoada vai ter lugar o sábado 25 de febrero ás 22 horas no restaurante Peto do Cruceiro de Roo e cómpre que confirmes a túa asistencia –e nos digas se vas traer acompañante/s– antes das 21 h. do martes 22 de febrero, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño Presidente da A. C.-C. TERRA DE OUTES
Esperando que empezásedes moi ben o ano, envío convocatoria da vindeira asemblea xeral ordinaria.
Tamén se achegan as actas pendentes de aprobar (a partir de agora mandaranse sempre a través deste medio). Se as traedes lidas da casa podemos axilizar as asembleas, evitando ter que facer ese día a lectura.
Tede en conta que estes documentos son só do interese d@s asociad@s, polo que non deben difundirse máis ca entre nós.
O sábado 21 tamén faremos o xantar no local e presentaremos a revista nº 37.
Vémonos alí, e moitas grazas por todos estes anos de comprensión e colaboración.
O venres 30 de decembro ás 8 da tarde a Asociación Terra de Outes inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición antolóxica de esculturas do artista noiés Emilio Mariño, que se poderá visitar ata o 24 de xaneiro; acto no que intervirán Xoán Mariño, presidente da Asociación organizadora da mostra, e mailo propio autor, auténtico referente da escultura conceptual da Barbanza.
En arquivo adxunto vai unha imaxe para acompañar. Veña, bo Nadal
En arquivo adxunto envío unha invitación para a presentación do libro 100 anos da Historia de Outes (1880-1980), que terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro na Casa da Cultura de Outes.
Ao remate tomaremos un viño (ou refresco) e uns pinchos para celebrar o acontecemento.