Bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal"
Xoan Mariño 02/12/2020
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes pídenos difundir as bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal" co que pretenden fomentar o uso da lingua galega e potenciar a creatividade da rapazada.
Desde Terra de Outes animarmos tanto a persoas adultas como aos seus nenos e nenas a participar deste concurso. Todas as persoas que participen no concurso optarán a algún dos premios que hai preparados, entre os que hai 300€ en xogo para gastar no comercio local. Nas categorías adultas haberá un obsequio só por participar.
En adxunto acompañamos as bases do concurso cuxo prazo de presentación remata o 22 de decembro e os traballos recolleranse na Casa da Cultura da Serra de Outes.