rezados socios e socias de Terra de Outes:
O concello de Outes pídenos difundir a seguinte información:
Acábase de poñer en marcha unha nova campaña de compostaxe e repartirá entre a veciñanza, de xeito totalmente gratuíto, 175 composteiros.
O prazo de solicitude destes composteiros está xa aberto. A súa entrega realizarase durante as xornadas formativas que terán lugar en xuño-xullo.
As persoas interesadas en facerse cun destes composteiros, poden solicitalo chamando ao
662 52 36 14 ou enviando un correo electrónico a
alba.quintela@outes.gal, indicando nome e apelidos, enderezo da vivenda onde se vai colocar o composteiro e un teléfono de contacto.
Graciñas pola vosa participación e implicación no coidado do noso medio natural.
Anexo así mesmo o cartel elaborado con motivo da campaña que nos remitiu Inés Fusquiños, técnica de Foresin, a empresa que está a desenvolver esta campaña de compostaxe no concello de Outes, e que nos agradece por adiantado o reenvío de toda esta información a quen consideredes que lle poida ser de interese.

Un cordial saúdo,
Xoán Mariño
Presidente en funcións da ACC Terra de Outes