Como xa saberedes, dende o 12 de Novembro, os/as traballadores/as de todos os colectivos do Servizo de Urxencias do H. Clínico, están en folga, ante o nulo ou escaso recoñecemento (tanto por parte da Xerencia como da Consellería de Sanidade) das súas reivindicacións, que non son máis que a procura de calidade na atención e a dignificación para os/as usuarios/as do servizo.
No marco desta loita, hai convocada unha Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago, para este mércores 9 de Xaneiro, que partirá ás 19 horas dende a Praza Roxa ata a Praza de Praterías.
Pola importancia que este servizo ten para todos e todas nós, a ACC Terra de Outes invítavos a participar nesta manifestación.
Prezado socio/a de Terra de Outes: O próximo sábado 15 de decembro terá lugar a tradicional cea de Nadal de Terra de Outes, no restaurante de Casa Roque.
O menú, de 25 € por persoa, está composto por
Entrantes
1º prato: bacallau ou merluza
2º prato: terneira ou porco
Postre
Viño
Se estás interesado/a en asistir, comunícanolo ( e se vas vir acompañado /a) antes do día 12 de decembro neste correo ou no teléfono 634 416 574.
Estimados/as socios/as: enviamos enquisa para escoller o nome dos novos barcos da asociación. Só hai que pinchar no enlace "FILL OUT FORM", completar a breve enquisa e pinchar en "SUBMIT" para enviar. Moitas grazas. Asdo.: Ramón Blanco - secretario de Terra de Outes
Nomes para as novas embarcacións de Terra de Outes, unha dorna e unha buceta. Os nomes "Adorna, Sabeliña" e "Broña, Berberecha", foron respectiva e especificamente propostos para a dorna e a buceta. No resto dos casos os nomes propuxéronse sen especificar e por iso van incluídos en cada embarcación.
Prezados/as socios e socias de Terra de Outes Recentemente a nosa Asociación veu incrementada a súa flota de embarcacións tradicionais con outras dúas naves (unha buceta e unha dorna) que nos foron doadas por uns particulares. Posto que temos que rexistralas, debemos escoller un nome para poñerlle a cada unha delas, polo que imos levar adiante un inquérito entre os socios/as de Terra de Outes para averiguar cales son os que gustan máis á maioría. Así que en primeiro lugar, abrímos un prazo ata final de mes para recibir propostas e logo se pasarán a todos os socios/as para que no lapso de unha semana voten polos súas denominacións preferidas. Se houbese empate, faríase unha nova votación entre as máis votadas. Se tes algún nome que consideres deberían levar ou che gustaría que levasen os nosos novos barquiños de vela, fáinolo saber antes de que acabe novembro. Un cordial saúdo Xoán X. Mariño Presidente de Terra de Outes.
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O próximo sábado 20 de outubro, no local social do lugar de Outes, a nosa Asociación organiza unha comida (paella) para celebrar a saída da revista nº 44 de Terra de Outes.
Se desexades acudir debedes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do xoves, 18, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 12 € (menores de 18 a metade e menores de 14, 3 €).
Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase na sobremesa (5 da tarde aproximadamente) e todos/as que acudades a ela, estades invitados/as a tomar un café con nós.
En todo caso recibide un afectuoso saúdo.
Xoán X. Mariño