O sábado, 19 de decembro, a nosa Asociación vai celebrar a súa tradicional cea de Nadal no restaurante Areal, pero o menú aínda está por concertar, a ver que nos poden poñer por 30 € por cabeza.
Se estás interesado/a, comunícanos a túa asistencia (e se vas vir acompañado/a) antes das 22 horas do martes, 15 de decembro, así como a túa (ou vosa, se hai acompañante) preferencia polo peixe ou a carne no prato principal.
Se non vos fose posible acudir, recibide, en todo caso, os nosos mellores desexos para o vindeiro ano e que teñades un Feliz Nadal.
No comenzo da 2ª das xornadas que Terra de Outes organiza estes días na Casa de Cultura de Outes, a rogo dos organizadores, os asistentes a ela gardaron un minuto de silencio en repulsa polo execrable asesinato de dúas nenas en Moraña no día de hoxe e como sinal do seu firme desexo de fin da violencia contra as mulleres.
Un saúdo Xoán Mariño presidente da ACC Terra de Outes
En arquivo adxunto remítovos unha invitación para a presentación dun libro sobre a Historia do Freixo que vai ter lugar o próximo xoves, 20 de agosto, ás 8 da tarde no Centro Náutico Municipal, por se vos interesa.