Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago
Xoan Mariño 09/01/2019
Rezados amigos/as de Terra de Outes:
Como xa saberedes, dende o 12 de Novembro, os/as traballadores/as de todos os colectivos do Servizo de Urxencias do H. Clínico, están en folga, ante o nulo ou escaso recoñecemento (tanto por parte da Xerencia como da Consellería de Sanidade) das súas reivindicacións, que non son máis que a procura de calidade na atención e a dignificación para os/as usuarios/as do servizo.
No marco desta loita, hai convocada unha Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago, para este mércores 9 de Xaneiro, que partirá ás 19 horas dende a Praza Roxa ata a Praza de Praterías.
Pola importancia que este servizo ten para todos e todas nós, a ACC Terra de Outes invítavos a participar nesta manifestación.