Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O próximo sábado 19 de outubro, inauguramosnovo local socialno antigo colexio do Cruceiro e a nosa Asociación para celebralo organiza unha comida en cuxa sobremesa se presentará a revista nº 48 de Terra de Outes.
Se desexades acudir debedes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do xoves, 17, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 15 € (menores de 18 a metade e menores de 14, 5 €).
Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase ás 5 da tarde aproximadamente e todos/as que acudades a ela, estades invitados/as a tomar un café con nós.
En todo caso recibide un afectuoso saúdo.
Xoán X. Mariño