Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Nova

     Xoan Mariño      18/05/2019
Ver noticia

Este ano, despois do debate sobre o seguro que tivemos na asemblea xeral, decidimos cambiar o modelo de contratación do seguro. Finalmente, incluímos nos seguros das embarcacións o seguro de accidentes d@s ocupantes, sexan quen sexan. Isto encarece o seguro pero danos máis seguridade cando levamos a navegar a calquera soci@ que non teña o seguro nominal ou calquera achegad@ que teña ganas de probar se lle gusta.
Para que o encarecemento non supoña moita carga para a asociación, a directiva decidimos pedir ás persoas que navegan con máis frecuencia que aporten 10€ ademais da cota anual de 12€. Na práctica, non supón máis esforzo económico posto que cada un xa pagaba 10€ polo anterior seguro.
Tamén cobraremos 10€ ás persoas que se inscriban no curso e non teñan un seguro particular. Lembrade que o prezo do curso (12€) é só para as persoas que non son socias, ás que ademais ofrecemos a posibilidade de asociarse se teñen interese.
Ademais, pediremos 1€ por viaxe a quen non teña intención de navegar con frecuencia, o que aplicaremos tamén a calquera amig@ ou familiar que queira vir probar. Deste xeito, non nos veremos comprometi@s a pagar se non pensamos facer un uso frecuente dos barcos.

Se tendes algunha dúbida, podedes consultar por WhatsApp a Xesús Mato (encargado das embarcacións) ou a Paz González (tesoureira) ou ben ao correo electrónico da asociación.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574