Prezados/as socios e socias de Terra de Outes:
En arquivo adxunto remitímosvos a convocatoria para a asemblea anual ordinaria, que este ano agardamos celebrar con normalidade, o próximo sábado 29 de xaneiro de 2022
Saúdavos cordialmente
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
Asociación Cívico-Cultural TERRA DE OUTES
Estimadas socias e socios:
Pola presente convocámosvos á vindeira Asemblea Xeral ORDINARIA da nosa asociación, que terá lugar o sábado 29 de xaneiro de 2022, ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e 12:30 horas, en segunda convocatoria. A asemblea terá lugar no local social do Cruceiro de Roo (antigo colexio), coa seguinte orde do día:
Punto 1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
Punto 2º.- Memoria de actividades do 2021 e plano xeral de actividades para o 2022.
Punto 3º.- Estado de contas e balances do exercicio anterior.
Punto 4º.- Cota anual (con actualización e confirmación de socias/os).
Punto 5º.- Rogos e preguntas.
Ese mesmo día, a continuación, mentres compartimos uns petiscospresentaremos o novo número da revista Terra de Outes (nº 57).
Desexándovos moita saúde, despídese atentamente
O Secretario
Ramón Blanco Fernández
En Outes, a 14 de xaneiro de 2022