Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 115 ata 120 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 12 13 14 15 16 17 18 19 2021 22 23 24 25 26 27 28   ... 32 Seguinte >>

Invitación a participar nas Brigadas deseucaliptizadoras no Monte de Froxán

Xoan Mariño - 21/04/2018
Ver noticia

Prezados socios/as de Terra de Outes:

A Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins e  Verdegaia  mándannos unha invitación a participar nas Brigadas deseucaliptizadoras  unha grande roga e albaroque deseucaliptizador, pois aínda que xa non é época para plantar, sí  se pode machacar eucalipto.

 

 

O próximo día 21 de abril  estas brigadas, lanzan unha iniciativa de voluntariado ambiental, no Monte de Froxán, para machacar manualmente rebrotes de eucalipto nas zonas restauradas grazas ao crowdfunding e noutros hábitats naturais de interese das proximidades. E quérennos convidar a compartir esa xornada con eles

 

A cita é en Froxán [link ao final] ás 10 da mañá e comezarán os traballos ás 10:30. É indispensábel que confirmedes a vosa participación ata, como moi tarde, o día 16 á noite, pois precísase comprar a comida do albaroque para todas e asegurar que teremos suficiente ferramenta para todo o mundo. Agradecen que, se vos anotades, vos comprometades a ir, pois do contrario estarán malgastando comida e recursos.

 

Anuncian o que teñen no alabaroque, por se alguén con restriccións ou preferencias alimentarias precisa traer da casa unha comida distinta (poden encomentar bocatas para veganos se se avisa con tempo):

 

- Empadas de atún

- Tortillas de patacas e vexetais

- Salada rusa

- Rosca, froita, café e insusións

- Auga e viño

 

A xornada será de mañá e tarde, e manterase de calquera xeito en caso de choiva (aínda que é conveniente que se leve roupa e calzado apropiado). Desde a organización fornecerán luvas ademais de ferramenta, aínda que se pode levar a  propia se se prefire. Para apuntarvos, basta con escribir a brigadas@verdegaia.org ou colunasanfins@gmail.com

 

LINK (google maps):

 

Un sáudo

Xoan Mariño

Presidente de Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro Meirás. Un pazo/un caudillo/un espolio

Xoan Mariño - 14/04/2018
Ver noticia

En adxunto, invitación para a presentación do libro Meirás. Un pazo/un caudillo/un espolio na biblioteca da Casa da Cultura. Ao remate os asistentes están invitados a tomar uns viños e uns pinchos na cafetería, onde se presentará un novo número da revista Terra de Outes, 
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

 

[...]
      Ler máis...

Enlace do vídeo da presentación do libro

Xoan Mariño - 14/04/2018
Ver noticia

 

 Enlace do vídeo da presentación do libro "Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio"

 

[...]
      Ler máis...

Escolle un proxecto

Xoan Mariño - 18/03/2018
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes: Desde a Comunidade de Conservación de Froxán (Lousame) pídennos un favor: Este dia 9 comezou o prazo para votar os 14 proxectos pré-seleccionados (dentre 150 de todo o mundo) pola European Outdoor Conservation Association para apoiar iniciativas de conservación da natureza.
Dentre eles, e pola primeira vez, hai un proxecto galego, que non é outro que o de Froxán. Se conseguen gañar, poden (e con eles a nosa Terra) dar un paso de xigante substituindo 20 hectáreas de eucalipto e acadia por árbores frondosas autóctonas e dando continuidade ao seu "crowdfunding."
 
Para votar non tendes máis que entrar nesta web:
 

 
Ou nesta, co link abreviado:  http://bit.do/froxan
 
E escoller o seu proxecto “10,000 native trees for Froxán Community”.  Non é necesario rexistrarse e faise en 2 segundos (non fai falta meter o email):


1. Clicar en "Vote Now" ao pe do proxecto de Froxán
2. Marcar "I have read and understand the Terms & Conditions"

3. Facer click en "Cast your vote"
 
Agradecen moito a nosa axuda para conseguir o máximo número de apoios entre as nosas redes e entre os nosos contactos, pois iso tamén axuda a visibilizar o traballo que veñen facendo entre todas estes últimos meses.
 
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro Se pedra na brétema

Xoan Mariño - 16/03/2018
Ver noticia

Prezados amigos/as de Terra de Outes: Mañá venres, 16 de marzo, terá lugar en Noia a presentación do libro Se pedra na brétema, de noso socio e secretario Ramón Blanco, gañador do premio Eusebio Lorenzo Baleirón 2016.  Será, na aula Álvaro de las Casas do IES Virxe do Mar de Noia, ás 19:30 h. 

Canda o autor, intervirán: Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar; Manuel Martínez, editor de Chan da Pólvora; e Manolo do Río, membro do colectivo Sacou. O acto pecharase cun recital poético, co acompañamento musical de: Pablo Martínez, Marcos Turnes e Pablo Sax.
Agardando que sexa do voso interese, remitímosvos invitación en arquivo adxunto.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

presentación do libro de baleas de Eduardo Estévez

Xoan Mariño - 03/03/2018
Ver noticia

Prezado/a socio/a de Terra de Outes: En arquivo adxunto remito invitación para o acto de presentación do libro de baleas, 
da autoría de Eduardo Estévez, xenro da que durante moitos anos foi membro da Xunta Directiva da nosa Asociación, Marisol Nieto e que terá lugar o próximo sábado, 3 de marzo.
Agardando contar coa vosa presencia, mándavos un cordial saúdo:
Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

 

Invitación

 

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574