Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 157 ata 162 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 19 20 21 22 23 24 25 26 2728 29 30 31 32     Seguinte >>

Xuntanza embarcacións tradicionais Ría de Muros e Noia

Xoan Mariño - 14/05/2016
Ver noticia

Envíovos os carteis e o programa das actividades que, enmarcadas na VIII Muiñada e na I Xuntanza embarcacións tradicionais Ría de Muros e Noia, imos realizar nos vindeiros días. Gustaríanos que nos axudaras a difundilas entre as túas amistades, tanto nas redes sociais como cos métodos tradicionais.

[...]
      Ler máis...

Programación VIII Muiñada e I Xuntanza embarcacións tradicionais Ría de Muros e Noia

Xoan Mariño - 13/05/2016
Ver noticia

VENRES, 13 MAIO. Casa da Culura. A Serra

·         Ás 19 h. Centenario de Manuel Fabeiro. A cargo de Xavier Castro. Profesor de Lingua e Literatura Galega, escritor e crítico literario.

·         Ás 20 h. O poeta Manuel María. A cargo de Pilar Sampedro. Exdirectora do IES Poeta Añón.

 

SÁBADO, 14 MAIO. Centro Náutico “Fco. Rama”. O Freixo

·         Ás10.30.Concentración de embarcacións tradicionais e navegación

·         Ás 19 h. Día das Letras para Xosé Agrelo. A cargo de Ramón Blanco. Profesor de Lingua e Literatura Galega e escritor.

·         Ás 20 h. Recital poético a cargo da Tertulia Literaria Tapal

·         Ás 21 h.Concentración de embarcacións tradicionais

·         Ás 23.30 h. Concerto do grupo Monoulious D.O.P.

 

DOMINGO, 15 MAIO. Centro Náutico “Fco. Rama”. O Freixo

·         Ás 10.30. h Concentración de embarcacións tradicionais e navegación.

·         Ás 13.30 h. Música na riveira.

·         Ás 17 h. Andaina pola riveira, coa guía de Santiago Llovo, escritor

 

LUNS, 16 MAIO. Salón de plenos da Casa do Concello.

·         Ás 19 h. Centenario das Irmandades da Fala. A cargo de Manuel do Río, profesor e escritor.

MARTES, 17 MAIO. Praza do Concello.

·             Ás 12.30 h. 50 aniversario do monumento de Añón. Palabras de Carlos L. Crespo, alcalde de Outes; Xoán Mariño, presidente de Terra de Outes; ofrenda floral.

[...]
      Ler máis...

Curso de vela

Xoan Mariño - 30/04/2016
Ver noticia

Lembrade que aínda que o prezo é de 12 €, para socios/as é gratuíto agás o seguro. Este custa 10 € para adultos/as e 5€ para nenos/as e ten validez dun ano (ata o 31 de marzo de 2017).
Lembrade tamén que as persoas non socias que participen daráselles a opción de asociarse ao aboar a cota de inscrición.
Como o que mellor funciona é o boca a boca, hoxe transformado en redes sociais, por favor difundídeo entre a vosa xente (aproveitade o cartel).
Animádevos, temos dous preciosos barquiños dos que podemos disfrutar tod@s!!
Unha aperta.
A directiva.
[...]
      Ler máis...

Nova

Xoan Mariño - 16/04/2016

Prezados socios e socias:     O próximo sábado 16 de abril, no noso local social do lugar de Outes, a Asociación Terra de Outes organiza unha comida (unha paella cociñada por Xesús Mato) para celebrar a saída da nosa revista nº 34.      Se desexades acudir debes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do mércores, 13 de abril, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai ser de 10 € aproximadamente (menores de 18 a metade e menores de 14, 3 €).       Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase aos postres (5 da tarde aproximadamente) e todos/as  estades invitados/as a tomar un café con nós.       En todo caso recibide un afectuoso saúdo. Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Capela de San Orente

Xoan Mariño - 08/04/2016
Ver noticia

Capela de San Orente

[...]
      Ler máis...

Charla das 10ª xornada SocioSanitarias

Xoan Mariño - 28/01/2016

Este vindeiro xoves, 28 de xaneiro, continuamos coas  charla das 10ª Xornadas de Información SocioSanitarias de Outes, en cuxa organización colaboramos.  O título da charla deste mes é "A tose e os problemas respiratorios" ; o relator, será o Dr. J.M. García Pazos, adxunto de Neumoloxía do CHUS e terá lugar, como sempre, ás 18:30, no Centro social da Serra
Un cordial saúdo .
Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574