Un fotógrafo de Lousame chamado Agostiño Iglesias, que habitualmente colabora coa Voz de Galicia en Ourense, ofrécenos un cursos de Iniciación á Fotografía, que vos pode interesar. O prezo deste curso é de 50 €/mes, pero para os socios de Terra de Outes, quedaría en 40 €/mes, coa condición de formar un grupo mínimo de 10 persoas .
En arquivo adxunto remitímosvos a convocatoria para a asemblea anual ordinaria e máis outra extraordinaria que se van celebrar o próximo sábado 18 de xaneiro seguido dunha comida para todos/as socios/as que desexen asistir a ela, así como á presentación da revista Terra de Outes que terá lugar durante a sobremesa da mesma.
Desexándovos a todos/as un Feliz Ano Novo, saúdavos cordialmente
O 24 de novembro celébrase o 109 aniversario da Asociación Civil Unión Residentes de Outes en Buenos Aires e as festas de fin de ano e desde alí, Mirta Gosende (membro da súa Xunta directiva) pídenos se alguén de Terra de Outes podería achegar unha mensaxe de saúdo (texto, audio, vídeos...) para os socios e amigos para logo proxectalo na pantalla. Tamén lle pediu ao alcade, Manolo González o mesmo.
O noso secretario Ramón Blanco vailles mandar un pequeno vídeo saudándoos. Pero estaría ben que socios e socias envien algunha mensaxe de agarimo. Pódenselle mandar ao correo de Ramón (ramondelola@yahoo.es) e despois el xa o remite para Mirta.
Ela pídenos que lle mandemos isto ata o día 20 de novembro, para poder ela organizar despois o material.
Prezados socios/as de Terra de Outes: O próximo sábado 21 de decembro terá lugar a tradicional cea de Nadal de Terra de Outes, no restaurante de Casa Peto, do Cruceiro de Roo.
O menú, de 30 € por persoa, está composto por
Entrantes: Tosta de xurel mariñado, Paté de peixe e unha vieira
Merluza en caldeirada ou xarrete con verduras
Postre, Café e chupiños
Se estás interesado/a en asistir, comunícanolo ( e se vas vir acompañado /a) antes do día 18 de decembro neste correo ou no teléfono 634 416 574.