A Xunta Directiva de Terra de Outes acordou, con data 23 de novembro de 2019, alegar en canto abrira o prazo, contra a instalación dun novo parque eólico en Outes, que contempla a instalación de 9 montruosas torres aeoroxeneradoras de 134 m de altura en Banzas (S. Ourente).
En arquivo adxunto remito un modelo de alegación abreviada para que, ademais da máis pormenorizada de Terra de Outes, todos os socios que o desexen presenten as súas individualmente.
Pódense presentar no Portelo ünico, nas oficinas de calquera concello
Comprácese en convidar a vde. ao vermú literario que terá lugar o sábado, 26 de setembro, ás 12 da mañá na Casa da Cultura, durante o cal Aurora Marco presentará o seu libro Irmandiñas, mentres degustan un aperitivo os asistentes.
Este ano, por decisión da maioría da Xunta Directiva desta Asociación, suspéndese a tradicioal churrascada que por estas datas vimos celebrando desde a nosa orixe. Entende a maioría que non resulta prudente reunir a un gran número de persoas nestas circunstancias, nas que aínda persite o risco de contaxio.
Pero, para non faltar a un dos nosos máis serios compromisos, si imos presentar a nosa nova revista, a nº 51 e será o 18 de xullo ás 12 da mediodía na Casa da Cultura da Serra. E para celebralo, tomaremos alí mesmo uns viños (ou refrescos, quen prefira) e uns pinchos.