Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 13 ata 18 de 189 elementos

<< Anterior 1 2 34 5 6 7 8 9 10 11   ... 32 Seguinte >>

Asamblea xeral extraordinaria

Xoan Mariño - 22/04/2023
Ver noticia

Prezados/as socios e socias de Terra de Outes:
Rematado o prazo para a presentación de candidaturas para formar parte da Xunta Directiva da Asociación Terra de Outes a elexir na próxima Asemblea Xeral extraordinaria do día día 22 de abril do presente ano, a única presentada en forma é a integrada por:
Jesús Mato Vilas como  Presidente; M.ª Dolores Pena Pena, como  Vicepresidenta; José Manuel Orodea Santamaría, como Secretario; Enrique Vidal Romay, como Tesoureiro; e Domingo Campos AlborésAmaro Bravo Rodríguez  e Alberto Martínez Pintos, como Vogais.
Para os socios e socias que non lles sexa posible asistir, remito en arquivo adxunto un modelo de delegación de voto para quen desexe exercer o seu dereito a sufraxio e que debe ser presentado antes da celebración de dita Asemblea en primeira convocatoria diante do secretario da Asociación, ben por correo electrónico, ben por escrito pola persoa en quen se delega o voto.
Rematada a asemblea procederemos a inaugurar a biblioteca de Terra de Outes e alí presentaremos o novo número da nosa revista, que celebraremos cuns pinchos e uns viños aos que están convidados todos/as os/as que desexen asistir á mesma.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
 
[...]
      Ler máis...

Asemblea xeral ordinaria

Xoan Mariño - 22/04/2023
Ver noticia

O proceso habitual é que esta acta se aprobe na asemblea xeral ordinaria (prevista para xaneiro) pero  o secretario  da Asociación, xunto coa directiva ao completo, prefiren compartir xa esta información, para que sexa aprobada na asemblea extraordinaria do próximo sábado, diante do inminente cambio de Xunta Directiva, que comporta cambio de secretario.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Renatur_Outes

Xoan Mariño - 15/04/2023
Ver noticia

Estimados/as socios/as:

 

Beatriz Noya Mariño, Coordinadora do proxecto Renatur_Outes,que ten como obxectivo renaturalizar o tramo fluvial do río Tins ó seu paso por Outes, 
achéganos o convite para a primeira xornada de voluntariado medioambiental do Proxecto, o próximo sábado 15 de abril, na que se plantarán 50 
ameneiros (Alnus glutinosa) á carón do río Tins, zona do paseo fluvial, e se procederá á identificación de especies exóticas invasoras para a súa
 eliminación en xornadas posteriores. 
Todos os detalles sobre a xornada e para formalizar a inscripción, no cartaz adxunto a esta mensaxe.

Estaríamos agradecidos de contar coa vosa participación e tamén coa colaboración para difundir esta actividade.

 un cordial saúdo!
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

Asemblea Xeral EXTRAORDINARIA

Xoán X. Mariño - 22/03/2023
Ver noticia

Convocamos a través deste medio á vindeira Asemblea Xeral EXTRAORDINARIA da nosa asociación, que terá lugar o sábado 22 de abril de 2023, ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e 12:30 horas, en segunda convocatoria. A asemblea terá lugar no novo local social do Cruceiro de Roo (antiga escola Emilio Navasqüés),

 

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

[...]
      Ler máis...

Manifestación na Alameda de Noia

Xoan Mariño - 04/03/2023
Ver noticia

Prezados/as socios e socias:
A Xunta Directiva de Terra de Outes acordou na súa reunión do pasado venres acudir a chamamento da Cofaría de Pescores e Mariscadores de Noia no que : «Convidamos a todo tipo de colectivos a que deixen clara a súa postura. Asociacións, clubs deportivos, comerciantes e cidadanía en xeral. Queremos que estean presentes  na manifestación convocada o próximo 4 de marzo para mostrar a nosa oposición á autorización de verquidos de aguas residuales procedentes da mina de San Finx cun sistema de tratamento que non cumpre cos parámetros mínimos que figuran nas normas de calidade ambiental ".
Polo que unanimemente aprobamos invitar a todos os nosos asociados e asociadas a que mostren a súa total oposición a esta resolución que afecta a bancos marisqueiros dos que viven máis de 1.700 personas acudindo o próximo sábado 4 de marzo á manifestación convocada ás 11 da mañá na Alameda de Noia.
 
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

Seminario de Presentación do Proxecto Renatur

Xoan Mariño - 03/03/2023
Ver noticia

Estimados/as socios/as de Terra de Outes:

En arquivo adxunto achego convite e programa para o Seminario de Presentación do Proxecto Renatur_Outes cuxo obxectivo é renaturalizar o tramo fluvial do río Tins, en Outes. Este proxecto, financiado pola Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, celebrará o seu seminario de presentación, que reunirá ás 3 Universidades públicas galegas, ante a cidadanía de Outes o próximo 3 de marzo ás 11:30 h e contará coa asistencia das máximas autoridades universitarias e administrativas, para o cal cómpre confirmar asistencia, nesta mesma conta de correo ou no teléfono 634416574.

Un cordial saúdo,

 

Convite Seminario Renatur

 

Seminario de inicio do proxecto Renatur Outes 3 de marzo de 2023

 

Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 2 34 5 6 7 8 9 10 11   ... 32 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574