Rematado o prazo para a presentación de candidaturas para formar parte da Xunta Directiva da Asociación Terra de Outes a elexir na próxima Asemblea Xeral extraordinaria do día día 22 de abrildo presente ano, a única presentada en forma é a integrada por:
Jesús Mato Vilas como Presidente; M.ª Dolores Pena Pena, como Vicepresidenta; José Manuel Orodea Santamaría, como Secretario; Enrique Vidal Romay, como Tesoureiro; e Domingo Campos Alborés, Amaro Bravo Rodríguez e Alberto Martínez Pintos, como Vogais.
Para os socios e socias que non lles sexa posible asistir, remito en arquivo adxunto un modelo de delegación de voto para quen desexe exercer o seu dereito a sufraxio e que debe ser presentado antes da celebración de dita Asemblea en primeira convocatoria diante do secretario da Asociación, ben por correo electrónico, ben por escrito pola persoa en quen se delega o voto.
Rematada a asemblea procederemos a inaugurar a biblioteca de Terra de Outes e alí presentaremos o novo número da nosa revista, que celebraremos cuns pinchos e uns viños aos que están convidados todos/as os/as que desexen asistir á mesma.