O próximo sábado 15 de outubro, no local social do lugar do Cruceiro de Roo, a nosa Asociación organiza unha comida (paella) para celebrar a saída da revista nº 60 de Terra de Outes, para a que é necesario apuntarse.
En adxunto, a convocatoria para a churrascada que Terra de Outes organiza o próximo mes de xullo na área recreativa do Liceo de Noia en Ceilán. O prezo por persoa andará entre os 15 e os 20 € por persoa (menores a metade).
Na sobremesa presentaremos o nº 59 da revista Terra de Outes.
Fixate no prazo para anotarte.Se unicamente queres asistir á presentación da nosa revista, non é necesario que te apuntes con antelación e estás invitado/a a tomar un café con nós.
En adxunto remítovos a invitación para o acto do venres, 17 de xuño no que presentaremos o libro deRicardo Losada O Rosario e a buguina. e co que queremos conmemorar o centenario do manifesto Máis alá, de Manuel Antonio, en torno ao que xira este libro. Se vos apetece asisti, ao remate tomaremos uns viños (ou rerescos) e uns pinchos alí mesmo.
En adxunto remítovos a invitación para o acto do venres, 10 de xuño no que presentaremos o libro de Francisco Abeijón A illa da Creba. un baldío comunal, por se vos apetece asistir.
O noso socio Manel Monteagudo presenta a próxima semana o seu novo libro no Liceo de Noia. En adxunto remítovos a invitación ao acto, de entrada libre, por se vos apetece asistir.