En arquivo adxunto remito invitación para a presentación do recompilatorio da nosa revista, que servirá de clausura á nosa IX Muiñada, que terá lugar no Centro Social de Outes o sábado, 21 ás 12.30 da mañá, non ás 7 da tarde como erroneamente consta no folleto da Muiñada que se repartiu na inauguración.
Ao remate desta primeira xornada e seguirá un ágape na cafetería do para todos e todas asistentes ao mesmo.
En arquivo adxunto remito invitación para a inauguración da exposición de publicacións en galego que dará inicio á nosa IX Muiñada. Ao remate desta primeira xornada presentarase o nº 40 da nosa revista e seguirá un ágape na cafetería do IES Poeta Añón para todos os e as asistentes ao mesmo.
Prezado/a socio/socia:
En arquivo adxunto remito invitación para o acto de presentación do libro de Luis Bará Non des a esquecemento que imos realizar o próximo venres ás 8.30 da tarde na Casa da Cultura da Serra en colaboración con Barbantia.
Prezados/as amigos e amigas de Terra de Outes: En arquivo adxunto remítovos a invitación que o Equipo de Normalización Lingüística do Concello nos mandou para, se vos interesa, asistir a unha charla que terá lugar na casa da cultura de Outes, o próximo sábado día 2 de setembro ás 9 da noite.
Próximo sábado día 19 de agosto ás 12 da mañá ao pé do monumento ás vítimas do franquismo do Freixo-Outes, en homenaxe ao mestre de Louro D. Álvaro López Brenlla asensiñado en agosto do 36 polos franquistas.
No acto intervirán a alcaldesa de Muros Mª Xosé Alfonso; o presidente da ACC Terra de Outes, Xoán Mariño; Xoán Carlos Hermida, representante da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza; Mercedes Villar, en representación da familia; e a agrupación musical Agrocovo de Esteiro, que pechará o acto.