Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 7 ata 12 de 189 elementos

<< Anterior 1 23 4 5 6 7 8 9 10   ... 32 Seguinte >>

Aviso cambio horario en actividade da Muiñada

Xoan Mariño - 16/11/2023
Ver noticia

 

Cambio horario en actividade da Muiñada

INVITACIÓN

 

XOVES, 16. IES Poeta Añón, ás 10:30
A catologación dos hórreos de Outes
Por Pilar Sampedro e Xoán Mariño
VENRES, 17. Centro Social, as 19:00
Exposicón: Hórreos de Outes
Charla: O contido inmaterial do hórreo galego
Por Xosé Mª Lema Suárez
SÁBADO, 18. Cemtro Social ás 19:00
Presentación do libro “Os hórreos de San Ourente”
Por Manuel Vilar e Xoan Mariño.
Aviso cambio de horario na actividade da Muiñada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[...]
      Ler máis...

PROGRAMA - XIV MUIÑADA

Xoan Mariño - 07/11/2023
Ver noticia

Achego programa da XIV Muiñada  xunto cunha invitación a participar en todos aqueles actos que poidades. UN saúdo

 

XIV MUIÑADA
Xornadas de exaltación do patrimonio cultural
“OS HÓRREOS TRADICIONAIS DE OUTES”
XOVES, 16 novembro. IES Poeta Añón
10.30 h.: Conferencia: A catalogación da arquitectura popular de
Outes. Por Pilar Sampedro, primeira directora do IES Poeta Añón e Xoán
Mariño, investigador e escritor.
VENRES, 17 novembro. Centro Social de Outes
19.45 h.: Inauguración da exposición de fotos de hórreos de Outes.
20.00 h.: Conferencia: O contido inmaterial do hórreo galego. Por Xosé
Mª Lema Suárez. Escritor e presidente do Seminario de Estudos Comarcais
da Costa da Morte.
SÁBADO, 18 novembro. Centro Social de Outes
19.00 h.: Presentación do libro “Os hórreos de San Ourente”, con
Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego e Xoán Mariño,

 

autor do libro.
[...]
      Ler máis...

Manifestación de solidariedade con Palestina

Xoan Mariño - 28/10/2023
Ver noticia

Manifestación de solidariedade con Palestina o próximo sábado.
Convocatoria en adxunto
Xoán Mariño
[...]
      Ler máis...

Convocatoria de presentación da nova Ardentía e da revista Terra Outes

Xoan Mariño - 21/10/2023
Ver noticia

Estimados/as socios/as de Terra de Outes: o próximo sábado 21 de outubro imos
celebrar dous actos de presentación destas revistas.
Ás once e media, no Estaleiro Ciprián de Broña, presentarase o número 15 da nova
Ardentía (Revista Galega da Cultura Marítima e Fluvial).
Ás catro e media, no centro náutico municipal do Freixo Francisco Rama,
presentaremos o número 64 da nosa revista Terra de Outes.
As socias/os que o desexen poderán xantar no centro náutico, previa inscrición, no
correo terradeoutes@gmail.com ou no grupo de WhatsApp Terra de Outes, con data límite
do mércores 18 de Outubro.
De camiño dende o estaleiro ao centro náutico Santiago Llovo acompañaranos
ilustrándonos cunha charla sobre as carpinterías de ribeira próximas ao percorrido.
A túa presenza é importante pola repercusión que sempre teñen os actos públicos na
imaxe da asociación, polo que pedimos que fagas un esforzo para acudir a algún dos actos previstos.

[...]
      Ler máis...

Churrascada de verán

Xoán X. Mariño - 22/07/2023
Ver noticia

Boa tarde. O vindeiro 22 de xullo imos celebrar a tradicional churrascada de verán no merendeiro que a Sociedade Liceo de Noia ten en Ceilán. @s interesad@s en asistir deberán comunicalo antes do día 18 de xullo respondendo a este correo. 

[...]
      Ler máis...

CHURRASCADA 2023 E PRESENTACIÓN DO NÚMERO 62 DA REVISTA

Xoán X. Mariño - 22/07/2023
Ver noticia

CHURRASCADA 2023 E PRESENTACIÓN DO NÚMERO 62 DA REVISTA
Como xa se comunicou é o día 22 de xullo e o prazo para anotarse é ata o 18.
O lugar de celebración é no local que a sociedade Liceo de Noia ten en Seilán a
beira do río Tambre. No desvío que vai cara a Pontenafonso pola entrada norte
(Outes) hai unha indicación no lado dereito da estrada.
Pódese chegar a partir das 12:30 ata as 14:30 que xantaremos, é bó que alguén
vaia un pouco cedo para botar unha man nos preparativos.
Ao rematar co café, aproximadamente ás 17 horas, presentarase a revista,
obviamente calquera pode ir a este acto sen necesidade de participar no xantar.
Págase a escote segundo os gastos, o prezo ha de andar entre 15 e 20 euros,
habitualmente facemos unha rebaixa para os nenos e nenas.
O evento ten un carácter festivo e de convivencia entre os asociados e
asociadas, e tamén cultural: a presentación da revista, de periodicidade trimestral que
é un dos logros máis salientables da nosa asociaciación. A xornada serve de acto de
recoñecemneto ao traballo de quen fai posible a súa puntual edición.

[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 23 4 5 6 7 8 9 10   ... 32 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574