Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Convocatoria de presentación da nova Ardentía e da revista Terra Outes

     Xoan Mariño      21/10/2023
Ver noticia

Estimados/as socios/as de Terra de Outes: o próximo sábado 21 de outubro imos
celebrar dous actos de presentación destas revistas.
Ás once e media, no Estaleiro Ciprián de Broña, presentarase o número 15 da nova
Ardentía (Revista Galega da Cultura Marítima e Fluvial).
Ás catro e media, no centro náutico municipal do Freixo Francisco Rama,
presentaremos o número 64 da nosa revista Terra de Outes.
As socias/os que o desexen poderán xantar no centro náutico, previa inscrición, no
correo terradeoutes@gmail.com ou no grupo de WhatsApp Terra de Outes, con data límite
do mércores 18 de Outubro.
De camiño dende o estaleiro ao centro náutico Santiago Llovo acompañaranos
ilustrándonos cunha charla sobre as carpinterías de ribeira próximas ao percorrido.
A túa presenza é importante pola repercusión que sempre teñen os actos públicos na
imaxe da asociación, polo que pedimos que fagas un esforzo para acudir a algún dos actos previstos.




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574