CHURRASCADA 2023 E PRESENTACIÓN DO NÚMERO 62 DA REVISTA
Xoán X. Mariño 22/07/2023
CHURRASCADA 2023 E PRESENTACIÓN DO NÚMERO 62 DA REVISTA Como xa se comunicou é o día 22 de xullo e o prazo para anotarse é ata o 18. O lugar de celebración é no local que a sociedade Liceo de Noia ten en Seilán a beira do río Tambre. No desvío que vai cara a Pontenafonso pola entrada norte (Outes) hai unha indicación no lado dereito da estrada. Pódese chegar a partir das 12:30 ata as 14:30 que xantaremos, é bó que alguén vaia un pouco cedo para botar unha man nos preparativos. Ao rematar co café, aproximadamente ás 17 horas, presentarase a revista, obviamente calquera pode ir a este acto sen necesidade de participar no xantar. Págase a escote segundo os gastos, o prezo ha de andar entre 15 e 20 euros, habitualmente facemos unha rebaixa para os nenos e nenas. O evento ten un carácter festivo e de convivencia entre os asociados e asociadas, e tamén cultural: a presentación da revista, de periodicidade trimestral que é un dos logros máis salientables da nosa asociaciación. A xornada serve de acto de recoñecemneto ao traballo de quen fai posible a súa puntual edición.