Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 13 ata 18 de 139 elementos

<< Anterior 1 2 34 5 6 7 8 9 10 11   ... 24 Seguinte >>

Revista nº54

Xoan Mariño - 28/04/2021
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
 
De novo, polas circunstancias excepcionais que estamos vivindo, non puidemos levar a cabo a presentación da  nosa revista na sobremesa da comida coa que soemos celebrar cada novo número, polo que unha vez máis debemos facelo de xeito virtual.
Se a alguén lle apetece ver a presentación que, nesta ocasión realizou Ramón Blanco, membro do consello de redacción, ou non tén outra cousa que facer no tempo de confinamento, mándovos aquí o enlace onde podedes acceder á gravación que o noso socio Vicente Abelleira, colocou en youtube. O enlace é: https://youtu.be/vJnqC2aRqP8  
 
 
Esta revista está xa á vosa disposición nos lugares habituais de venda da Serra de Outes e Noia. Pero o seu contido tamén estará accesible, para os que non vos poidades desprazar, na nosa páxina WEB: www.terradeoutes.com en canto nos manden o PDF da imprenta na que se imprimiu.
un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente en funcións da ACC Terra de Outes
 
 
[...]
      Ler máis...

Nova

Xoan Mariño - 03/02/2021
Ver noticia

Prezadas socias e socios de Terra de Outes:
Durante toda a existencia da nosa revista (que pronto cumprirá os 14 anos), o exemplar de xaneiro soíamos presentalo na sobremesa da comida que seguía sempre á nosa asemblea anual de xaneiro.
Dado que nesta ocasión, polas circunstancias excepcionais que estamos vivindo, non puidemos levar a cabo a citada asemblea, a presentación da revista, toda vez que non quixemos faltar á nosa cita cos lectores, debeu ser virtual.
Se a alguén lle apetece vela, ou non tén outra cousa que facer no tempo de confinamento, mándovos aquó o enlace onde podedes acceder á gravación realizada polo noso socio Vicente Abelleira, que decidiu adornala cunha canción do disco En clave de Ja co que nos agasallou o grupo A Tajea que nesta ocasión entrevistamos para as nosas páxinas centrais. O enlace é:   https://youtu.be/TlNpt8dtu-c
Esta revista está xa á vosa disposición nos lugares habituais de venda da Serra de Outes e Noia. Pero o seu contido tamén está accesible, para os que non vos poidades desprazar, na nosa páxina WEB: www.terradeoutes.com
un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente en funcións da ACC Terra de Outes

 

[...]
      Ler máis...

Asemblea Xeral Ordinaria

Xoan Mariño - 27/01/2021
Ver noticia

Estimadas socias e socios de Terra de Outes:
Estatutariamente, durante o presente mes de xaneiro, debiase celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación na que aprobar (se procedese) as contas do pasado ano, así como outra extraordinaria na que elexir unha nova directiva, pero polas circunstancias derivadas da actual pandemia, entre as que se inclúen as restriccións impostas polas autoridades sanitarias, por acordo da actual directiva do día 27 de xaneiro de 2021, decidíuse pospoñer dita asemblea ata que a situación sanitaria permita a súa celebración con total garantía para a saúde de todos e todas as socios e socias, o cal comporta a continuidade da actual directiva en funcións ata ese momento.
un saúdo e unha aperta animosa para todos e todas
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal"

Xoan Mariño - 02/12/2020
Ver noticia

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes pídenos difundir  as bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal" co que pretenden fomentar o uso da lingua galega e potenciar a creatividade da rapazada.

Desde Terra de Outes animarmos tanto a persoas adultas como aos seus nenos e nenas  a participar deste concurso. Todas as persoas que participen no concurso optarán a algún dos premios que hai preparados, entre os que hai 300€ en xogo para gastar no comercio local. Nas categorías adultas haberá un obsequio só por participar.

En adxunto acompañamos as bases do concurso cuxo prazo de presentación remata o 22 de decembro e os traballos recolleranse na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Alegación da Xunta Directiva

Xoan Mariño - 23/11/2020
Ver noticia

A Xunta Directiva de Terra de Outes acordou, con data 23 de novembro de 2019, alegar en canto abrira o prazo, contra a instalación dun novo parque eólico en Outes, que contempla a instalación de 9 montruosas torres aeoroxeneradoras de 134 m de altura en Banzas (S. Ourente).
En arquivo adxunto remito un modelo de alegación abreviada para que, ademais da máis pormenorizada de Terra de Outes, todos os socios que o desexen presenten as súas individualmente.
Pódense presentar no Portelo ünico, nas oficinas de calquera concello
Xoán X. Mariño
presidente da ACC Terra de Outes
ALEGACIÓN
 
[...]
      Ler máis...

VVÍDEO XI Muiñada

Xoan Mariño - 21/10/2020
Ver noticia

Vídeo gravado durante a ruta en barco de Outes a Noia coa que se pechou a XI Muiñada,

 

 

 

 

XI Muiñada

Xoan Mariño

[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 2 34 5 6 7 8 9 10 11   ... 24 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574