Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 7 ata 12 de 158 elementos

<< Anterior 1 23 4 5 6 7 8 9 10   ... 27 Seguinte >>

Acto pola memoria hístorica

Xoan Mariño - 14/04/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
un ano máis a comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convaca un acto para commemorar o 14 de abril. Vai ser, de novo, no Confurco (Lousame), ao pé do monumento ás vítimas do franquismo.Se vos interesa, este acto, co que se quere lembrar os valores republicanos e dignificar ás vítimas da represión franquista, vai ser ás 6 da tarde.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos

Xoan Mariño - 19/03/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:

 
Soledad Agra Tuñas, en representación do BNG de Muros-Noia fíxonos chegar unha invitación para unha homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos, con ocasión do 30 aniversario do seu pasamento, que esa organización vai realizar o próximo sábado 19 de marzo, no claustro do concello de Noia, de 12 a 13 horas.
Adxunto o programa, por se a alguen de vós lle interesa asistir.
Xoán Mariño
presidente da asociación Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

Presentación do libro de Natalia Lema Otero DO AMOR E O DELIRIO

Xoan Mariño - 12/03/2022
Ver noticia

En adxunto, invitación para o acto do próximo sábado, no que, para conmemorar o Día da Muller, presentaremos un libro de Natalia Lema.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
Descarga a INVITACION AQUI
[...]
      Ler máis...

Cnmemoración do 8 de marzo, día internacional da muller

Xoan Mariño - 08/03/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:

Soledad Agra Tuñas, responsable comarcal do BNG Muros Noia invita á asociación Terras de Outes a articipar, dentro dos actos de conmemoración do 8 de marzo, día internacional da muller, nun roteiro por Outes, tendo o seu punto de partida na casa de Añón para reivindicar a figura de Nicolasa Añón. 
Se alguén de vós está interesado/a, en arquivo adxunto van os detalles da convocatoria.
Un cordial saúdo.
Xoán Mariño
 
[...]
      Ler máis...

Campaña Vía Galega

Xoan Mariño - 14/02/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:

 

A Plataforma Vía Galega está a desenvolver unha campaña para reclamar o dereito a conformar seleccións galegas en todos os deportes e a competir a nivel oficial e internacional.

A través dunha exposición itinerante (que se pode ver na Casa da Cultura da Serra ata o día 20), e diversas publicacións (dispoñibles alí mesmo), e actividades (entre elas a difusión dun himno (que se pode ver en https://www.youtube.com/watch?v=Zyp3EED0SDY),Vía Galega trata de promover entre deportistas, adestradores, federacións, entidades deportivas, peñas e cidadanía en xeral o dereito de Galiza a estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas.

 

Dentro desa campaña, Vía Galega presentou o Manifesto “Galiza, un Pobo, unha selección”. Este manifesto, que se pode consultar e adherir na web www.viagalega.galpretende reclamar que deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio, ademais de galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

 

Animámoste a que asines o manifesto (premendo aquí), que está enmarcado na campaña a prol das nosas seleccións.

 

 

 

 

Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

 

 

 

 

[...]
      Ler máis...

Invitación para a inauguración da exposición “Galiza, un Pobo, unha selección

Xoan Mariño - 05/02/2022
Ver noticia

En adxunto, invitación para a inauguración da exposición “Galiza, un Pobo, unha selección”que se inaugurará o sábado 5 de febreiro
Atentamente
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de OUtes
 
[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 23 4 5 6 7 8 9 10   ... 27 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574