Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 19 ata 24 de 189 elementos

<< Anterior 1 2 3 45 6 7 8 9 10 11 12   ... 32 Seguinte >>

Invitación Estaleiro Ciprián

Xoan Mariño - 04/02/2023
Ver noticia

Prezados/as socios/as de Terra de Outes:

O Concello de Outes convídanos á inauguración do Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira "Estaleiro Ciprián", que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro ás 12 horas no lugar de Broña, en Outes.

Remítovos o convite en correo adxunto

Un saúdo.

INVITACIÓN

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...

Grupo de teatro afeccionado

Xoan Mariño - 01/02/2023
Ver noticia

Prezados socios/as e colaboradores/as deTerra de Outes:

 

Na asemblea anual celebrada o pasado día 20 de xaneiro, dous socios propuxeron a creación dun grupo de teatro afeccionado, proposta que foi recibida con sumo interese por parte de tódolos asistentes.

 

Polo que, para poñer en marcha a idea, que desde a directiva da Asociación cremos que contribúe a dinamizar vigorosamente a vida cultural do noso concello, animamos a tódolos socios, socias e colaboradores a participar nesta iniciativa tan atractiva como esperanzadora: necesítanse non só actores e actrices, senón tamén persoas que axuden coa maquillaxe, iluminación, son, vestiario, tramoias...

 

Calquera que queira ser participe deste noso novo proxecto que se poña en contacto con Xoán Mariño no tfno 634416574 ou de Carlos Outeiral, no 609437908, ou neste mesmo correo electrónico, nun prazo non máis alá de 15 días para que a primeiros de marzo se poidan empezar a ter as primeiras reunións preparatorias da obra a representar.

 

 

Un cordial saúdo

Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Balance anual

Xoan Mariño - 26/01/2023
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
En arquivo adxunto remito copia do balance anual presentado polo tesoureiro Kiko Vidal á asemblea anual de socios e aprobado por unanimidade.
Na mesma presentación de contas, a Xunta Directiva quixo facer unha aclaración:
a contía da subvención concedida polo Concello de Outes (3.000 €) non se refrexa no balance porque foi comunicada oficialmente á Asociación con data de xaneiro deste ano, xa pechadas as contas do ano anterior, polo que o tesoureiro non considerou convinte incluír tal cantidade na contabilidade do 2022.
A efectos económicos do saldo final o déficit non vai ser dos 3.308,59 € que figuran alí, senón só 308,59, unha vez que recibamos nos próximos días a subvención concedida polo Concello, que o tesoureiro refrexará nas contas do 2023.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Convocatoria para a asemblea xeral ordinaria

Xoan Mariño - 21/01/2023
Ver noticia

En adxunto, convocatoria para a asemblea xeral ordinaria que terá lugar o próximo sábado, 21 de xaneiro.
 
 
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Actas asemblea anual 2022

Xoan Mariño - 21/01/2023
Ver noticia

Estimados socios e socias de Terra de Outes:
Por petición do secretario Ramón Blanco, en arquivo adxunto, por se queredes facer algunha consideración, remítovos as actas das asemblea anual ordinaria e a extraordinaria do ano pasado, para non perder o tempo léndoas na asemblea do próximo sábado,
Xoán Mariño
 

Asemblea Xeral extraordinaria, 22-10-22

 

Asemblea Xeral Ordinaria, 29-1-22

 

 

[...]
      Ler máis...

Exposición Do arquivo de Nunca Máis de Outes

Xoan Mariño - 20/01/2023
Ver noticia

 
Prezados socios e socias de Terra de Outes:
En adxunto remítovos invitación para a inauguración da exposición "Do arquivo de Nunca Máis de Outes" que terá lugar o próximo venres ás 8 na Casa da Cultura.
Xoán Mariño
 
 
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 2 3 45 6 7 8 9 10 11 12   ... 32 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574