Listado de novas:
Acto en carnota
Xoán X. Mariño - 27/05/2014
|
|
Prezados amigos e amigas:
Un compañeiro de Carnota invítanos a un acto o próximo sábado, día 7 de xuño nesa localidade. E se podedes facer chegar o convite aos vosos coñecidos e coñecidas, serán todos/as ben recibidos/as. O texto da mensaxe é o seguinte: "IV enarborar o bosque" Os colectivos artísticos Arteu , e Factoría delideas, queremos convidar a toda a veciñanza e asociacións do Concello de Carnota, a que participedes con nós nunha romaría artístico reivindicativa , que terá lugar o vindeiro sábado 7 de Xuño, durante todo o día, na praia de Boca do río ( Carnota ). A nosa intención é convocar a artistas e público en xeral a que se sumen a este acto en defensa da natureza, que como cada ano, convocamos para reivindicar a protección do noso medio, facéndoo en datas próximas ao día internacional do medio ambiente. Este ano eliximos o concello de Carnota, para denunciar os lumes que de xeito reiterado, se producen non só nesta zona, se non tamén en todo o territorio galego. Contaremos coa participación de pintores, escultores, fotógrafos, actores e músicos, nunha convivencia artística, dende a que denuciaremos o maltrato ao que é sometido o noso monte, e farémolo con música, arte e poesía. A participación é libre e estades todas e todos convidados, e se alguén quere participar activamente con algunha actividade artística que se poña en contacto con nós para organizar os tempos. Para o público en xeral, basta con que vos presentedes na romería cos vosos xantares e desfrutedes con nós dun dia de arte ao aire libre. Sen máis e agardando que esta proposta sexa do voso interese" Podedes ver manifesto e cartaz do evento en www.enarborarobosque.org Recibide un cordial saúdo.
Xoán X. Mariño
ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Cea republicana
Xoán X. Mariño - 02/04/2014
|
|
Benqueridos amigos/as,
O vindeiro sábado 5 de abril de 2014 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza para conmemorar o día da República, vai organizar algúns actos que inclúen unha exposición, un coloquio e unha cea no Restaurante Jenaro de Ribeira, no transcurso da cal se outorgará o nomeamento de "Figura Repúblicana do ano" a Sons e Visións, tralo cal se proxectará un avance do documental no cal a Comisión está traballando.
Adxúntase o cartel dos actos, nos dita Comisión que agarda contar coa vosa presencia. Os/as interesados en asistir ademais á cea, deben apuntarse no teléfono 646097453 de Adrián Romay, Presidente da CRMH.
É primavera en Noia e as noites pronto serán longas minas de diamantes (Na memoria de Antón Avilés no seu 21 cabodano). Recibide un cordial saúdo de
Xoán X. Mariño.
[...]
|
Ler máis...
|
|
El molino Grabiel se abre a escolares
MANUEL GIL. OUTES - 12/02/2012
|
|
Terra de Outes inauguró ayer las obras de restauración del edificio.
Los vecinos de la parroquia de Outes, en el municipio del mismo nombre, están de enhorabuena. Y es que después de dos años de trabajo y búsqueda de financiación ha culminado la recuperación del Muíño Grabiel, de casi dos siglos y medio de antigüedad, y que pasa a engrosar la lista de atractivos del núcleo de Río de Outes.
La obra, promovida por la Asociación Cultural Terra de Outes, ha contado con la financiación de la Diputación, con un presupuesto de unos 5.000 euros. Los vecinos propietarios del molino, a cambio de la restauración, se han comprometido a realizar demostraciones a los colegios del concello que así lo soliciten.
El diputado provincial y alcalde de Lousame, Santiago Freire (en sustitución de Manuel Ruiz que no pudo acudir), y el regidor de Outes, Carlos Enrique López Crespo, acompañados del presidente de Terra de Outes, Xoán X. Mariño, fueron los encargados ayer de proceder a la inauguración oficial de los trabajos de rehabilitación de la aceña.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Concurso Logotipo Ano Añón
Bicentenario - 01/11/2011
|
|
Concurso Deseño Logotipo
200 anos do nacementro Poeta Francisco Añón.
Poboación escolar de Outes
30 de Novembro do 2011
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|
|