Un compañeiro de Carnota invítanos a un acto o próximo sábado, día 7 de xuño nesa localidade. E se podedes facer chegar o convite aos vosos coñecidos e coñecidas, serán todos/as ben recibidos/as. O texto da mensaxe é o seguinte: "IV enarborar o bosque"Os colectivos artísticos Arteu , e Factoría delideas, queremos convidar a toda a veciñanza e asociacións do Concello de Carnota, a que participedes con nós nunha romaría artístico reivindicativa , que terá lugar o vindeiro sábado 7 de Xuño, durante todo o día, na praia de Boca do río ( Carnota ). A nosa intención é convocar a artistas e público en xeral a que se sumen a este acto en defensa da natureza, que como cada ano, convocamos para reivindicar a protección do noso medio, facéndoo en datas próximas ao día internacional do medio ambiente.Este ano eliximos o concello de Carnota, para denunciar os lumes que de xeito reiterado, se producen non só nesta zona, se non tamén en todo o territorio galego. Contaremos coa participación de pintores, escultores, fotógrafos, actores e músicos, nunha convivencia artística, dende a que denuciaremos o maltrato ao que é sometido o noso monte, e farémolo con música, arte e poesía. A participación é libre e estades todas e todos convidados, e se alguén quere participar activamente con algunha actividade artística que se poña en contacto con nós para organizar os tempos. Para o público en xeral, basta con que vos presentedes na romería cos vosos xantares e desfrutedes con nós dun dia de arte ao aire libre. Sen máis e agardando que esta proposta sexa do voso interese" Podedes ver manifesto e cartaz do evento en www.enarborarobosque.org Recibide un cordial saúdo.