Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 151 ata 156 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 18 19 20 21 22 23 24 25 2627 28 29 30 31 32     Seguinte >>

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA Outubro 2016 e presentación de candidaturas 2016

Ramón Blanco - 02/10/2016
Ver noticia

Estimados/as socios/as:

Reenvíase en documento adxunto a convocatoria para o día 15 de outubro.

Lembrade, por favor, avisar con antelación para anotarse ao xantar.

E tamén se vos recorda que o prazo para presentar candidaturas para postos directivos remata o día 5 de outubro.

Toda a información está detallada neste PDF.

 

Atentamente,

Ramón Blanco - secretario

 

[...]
      Ler máis...

Cross de Broña

Xoan Mariño - 18/09/2016
Ver noticia

O vindeirodomingo 18 de setembro celebrarase na Praia de Broña, concello de Outes, a XII edición do seu Cross de Verán en cuxa organización participa Terra de Outes. . Ás 10:30 darase a saída da proba principal, na que se poderá optar por completar o recorrido máis longo que por primeira vez acada os 10.000 metros, ou un circuito menos esixente por lonxitude e trazado de 5.500 metros.

Desde o nacemento da proba se teñen mantido inalterables os dous obxectivos principais: achegar o deporte a tanta xente como sea posible e dar a coñecer o entorno da Praia de Broña, de gran valor paisaxístico, xeográfico e natural.

 

Ás carreiras deseñadas para tódalas idades, desde os máis pequeniños, pitufos, hasta os máis veteranos, sen límite de idade, engádese este ao unha andaina de 3.500 metros pola "Ruta dos carpinteiros cos pes mollados", guiada por Santiago Llovo. Santiago é autor de varios libros sobre a historia da industria vencellada ao mar na Ría de Muros e Noia. No pasado mes de agosto presentou a súa nova obra, Mar de Outes, sobre os talleres de carpintería de ribeira do Concello de Outes.

 

Haberá premios na xeral dos 5.500 metros para os tres primeiros e para as tres primeiras e na de 10.00 metros ademáis dos mismos para as distintas categorías. As distancias dos máis pequenos irán dos 100 ata os 3.000 metros e tamén haberá premios para os tres primeiros e tres primeiras de cada categoría, así como medallas para tódolos participantes das categorías de menor idade. Asemade distinguirase aos participantes masculino e femenino de menor e maior idade e se sortearán unha estancia nas Cabaniñas do Bosque de Broña e un paseo en barco pola Ría de Muros e Noia e Esteiro do Río Tambre.

 

Completan a oferta dous intersantes obradoiros que nos prepararán para saber actuar no caso de emerxencia por fallo cardíaco (obradorio sobre reanimación cardio-pulmonar e desfibrilación semiautomática, RCP/DESA) e achegarán a técnicas de avaliación da condición física (obradoiro de dinamometría).

 

Contamos desde xa co entusiasmo de tódalas persoas que ano tras ano se achegan a disfrutar do cross en Broña. Nesta edición ampliamos a oferta para que máis persoas poda achegarse á nosa paixón: a práctica do deporte da carreira e o paseo, por pistas, carreiros ou praias. Deporte e actividade física para tódalas persoas, sexa cal sexa a súa idade e condición física. E, sobre todo, diversión e disfrute dun medio privilexiado que queremos coñecer e enteder millor para conservar a súa esencia.

Tódalas actividades, agás o xantar a dispor para tódalas personas interesadas nunha carpa/pulpeira instalada no piñeiral, serán de balde.

 

 

Cos millores desexos para unha xornda divertida e agradecendo a vosa colaboración, atentamente,

Ricardo Rodríguez, representante de Terra de Outes na organización

[...]
      Ler máis...

Invitación Mar de Outes

Xoan Mariño - 09/08/2016

Prezados socios / as de Terra de Outes: O investigador e escritor santiago LLovo convídanos á presentación do seu novo libro "Mar de Outes" que terá lugar o vindeiro luns no Centro Náutico Francisco Rama do Freixo. En arquivo adxunto remítovos a invitación Un cordial saúdo XoáN Mariño Presidente da ACC Terra de Outes

 

Invitación

[...]
      Ler máis...

churrascada

Ramón Blanco - 16/07/2016

A. C.-C. TERRA DE OUTES
Local Social de Outes
Outes-15239
 
 
 
Estimadas socias e socios:
 
Como todos os anos, no mes de xullo, Terra de Outes organiza unha churrascada para todos os socios/as e colaboradores/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma cunha semana de antelación, a fin de saber coa maior exactitude posible a cantidade de comida e bebida que vai ser necesaria. 
A churrascada vai ter lugar o sábado 16 de xullo na área recreativa que o Liceo de Noia posúe en Ceilán e pón á nosa disposición. Como sempre, vai estar supervisada polos nosos “chefs” Francisco Balayo Pancho e Quico Vidal; comenzará a prepararse ás 13 horas e mentres a carne chega ao seu punto, que será en torno ás 14 h., teremos unhas empanadas de entrante e uns viños para os adultos e refrescos para menores de idade.
Durante a sobremesa, aproximadamente ás 17:00 horas, no mesmo lugar presentaremos o nº 35 da nosa revista Terra de Outes.
Para vir á comida é preciso que confirmedes a vosa asistencia –e digades se ides traer acompañante/s– antes do sábado 9 de xullo, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com. Se únicamente ides asistir á presentación da revista, non é necesario anotarse previamente e estades invitados a un café e chupiños se vos apetece.
 
                             Un cordial saúdo                                          
Ramón Blanco Fernández
Secretario da A. C.-C. TERRA DE OUTES
           Outes, 27 de xuño de 2016
 
 
[...]
      Ler máis...

Encontro de poetas en Idioma Galego

PROGRAMA - 10/07/2016
Ver noticia

Máis unha vez regresamos co \"Encontro de poetas en Idioma Galego\". Este ano as entidades organizadoras/colaboradoras son Terra de Outes, A Lanzadeira de Alcor e o Concello de Outes. Trasladamos o acto de Noia a Outes, xa que, consideramos, a contorna na que terá lugar permítenos ampliar o número de actividades. As actividades serán abertas ao público en xeral, libres e gratuítas e non é preciso estar anotado... agás no recital (reservado exclusivamente para os poetas que teñan confirmado previamente a súa asistencia). En dito recital o público poderá acceder libre e gratuitamente até encher aforo.

 

Hastag: #encontropoetas2016 Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/1067321773361260/

PROGRAMA: Mañá: 11:00 - Recibimento dos poetas e público na Carballeira de detrás da Casa da Cultura. 11:30 - Roteiro de Francisco Añón (1 hora aprox.): paseo pola Serra de Outes visitando a casa e lugares relacionados co poeta e coa súa obra. O escritor e filólogo Ramón Blanco fará de guía. 12:30 - Entrega floral na estatua de Francisco Añón. 12:45 -Foliada, na carballeira, a cargo do Grupo de gaitas do Concello de Outes. 13:00 - Xantar popular, ao ar libre, na carballeira (cada quen terá que traer a súa comida). Tarde: 15:30 - Confirmación na mesa (e ficha) dos poetas asistentes. 15:45 - Apertura do posto da Libraría Poeta Añón 15:55 - Foto de grupo (poetas participantes) 16:00 - Himno Galego. 16:05 - Intervención dos representantes das entidades organizadoras. 16:30 - Macrorrecital poético. -Bloque 1 -Actuación musical a cargo de Manuel Mariño -Bloque 2 -Actuación musical a cargo de Xastre -Bloque 3 -Actuación: Ai-El-Ela Pandereteiras Despedida e peche. NOTA: En caso de choiva ou mal tempo, o xantar e foliada e, incluso o recital poderán ser trasladados a onde a organización considere adecuado (Pavillón municipal) Cada poeta disporá do tempo necesario para ler 2 ou 3 poemas, cun máximo de 6 minutos. O público en xeral non precisa confirmar asistencia, e poderá participar no roteiro, no xantar, na foliada, entrega floral, así como de oínte no recital. Os poetas que desexen participar no recital deberán confirmar previamente a súa asistencia (falando con nós a través dos comentarios neste mesmo evento de Facebook, ou enviando unha mensaxe privada aos organizadores). Este acto carece de ánimo de lucro e realízase coa única finalidade de promover a poesía feita en idioma galego, así como a de pór en contacto e debate ás distintas faces do Sistema Literario Galego (SLG). Ningún dos participantes ao mesmo, nin tampouco os organizadores, cobrará absolutamente nada. Facemos isto de xeito altruísta e desinteresado. Fóra deste punto pode quedar \"aquilo\" que o Concello de Outes considere conveniente para o ben transcorrer do acto: montaxe de mesas, luces e son, infraestrutura, grupo de gaitas municipal, etc. Por cuestións loxísticas non se facilitará, nin se dará a coñecer, a lista dos poetas participantes no evento até o mesmo día e \"in situ\". Agardámosvos a todos e a todas!! Agradécese difusión!!

[...]
      Ler máis...

VIII Muiñada e I Xuntanza embarcacións tradicionais Ría de Muros e Noia

Xoan Mariño - 14/05/2016
Ver noticia

I XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DA RÍA DE MUROS E NOIA que celebraremos os días 14 e 15 de maio no Freixo en paralelo/formando parte das actividades de celebración da Semana das Letras Galegas. É un adianto para ir facendo boca pero falta por incorporar as actividades máis relacionadas coas Letras. Lembrámosvos que se queredes navegar nas nosas embarcacións, tanto agora como o resto do ano, é conveniente que fagades o "cartón de navegante", un seguro que cobre calquera accidente que se poida producir nunha embarcación de lecer. A quen o fixera o ano pasado para participar no curso de vela, lembrámoslle que caducou o 30 de abril, polo que sería necesario renovalo. O custo é de 10€ (5€ para menores de idade) e é anual (de 1 de abril de 2016 a 31 de marzo de 2017 independentemente de cando se faga). De estar interesados tedes que mandarnos o nome completo e o DNI. A xestión faise o venres de cada semana, polo que nós temos que ter os datos o xoves anterior ao día en que queredes que comece a ter validez. Animádevos que o verán está ás portas e é un pracer disfrutalo desde o mar. Contamos con vós para a celebración e para que o difundades entre as vosas amistades.

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574