O venres 30 de decembro ás 8 da tarde a Asociación Terra de Outes inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición antolóxica de esculturas do artista noiés Emilio Mariño, que se poderá visitar ata o 24 de xaneiro; acto no que intervirán Xoán Mariño, presidente da Asociación organizadora da mostra, e mailo propio autor, auténtico referente da escultura conceptual da Barbanza.
En arquivo adxunto vai unha imaxe para acompañar. Veña, bo Nadal
En arquivo adxunto envío unha invitación para a presentación do libro 100 anos da Historia de Outes (1880-1980), que terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro na Casa da Cultura de Outes.
Ao remate tomaremos un viño (ou refresco) e uns pinchos para celebrar o acontecemento.
A sección de Pandeireta e Canto da Escola de Música Tradicional do Concello de Outes convida a todos os membros da Asociación Terra de Outes ao Concerto: "Aires da terra: O legado de Feijoo", ´que terá lugar o próximo dómingo día 11, con motivo dos actos de celebración do 20 aniversario de dita sección.
En arquivo adxunto remítovos o cartel coa convocatoria
un cordial saúdo.
O sábado, 17 de decembro, a nosa Asociación vai celebrar a súa tradicional cea de Nadal no restaurante Areal, cun menú de polvo á prancha, churrasco, criollos, postre e café por 25 € por cabeza.
Se estás interesado/a, comunícanos a túa asistencia (e se vas vir acompañado/a) antes das 12 horas do sábado, 10 de decembro.
Se non vos fose posible acudir, recibide, en todo caso, os nosos mellores desexos para o vindeiro ano e que teñades un Feliz Nadal.
Infórmase a través deste medio que o socio Vicente Abelleira Cambeiro presentou en prazo a súa candidatura para integrarse na Xunta Directiva que saia elixida o sábado, 15 de outubro.