Listado de novas:
Prazo SEGRUO NAVEGACIÓN
Xoan Mariño - 01/04/2017
|
|
O 1 de abril rematou a cobertura do seguro de accidentes que algúns e algunhas de nós tiñamos contratado para as actividades de navegación.
Quen desexe renovalo ou darse de alta, debe indicalo mediante un correo electrónico.
Os prezos son:
Xeral: 10€
Maiores de 70 anos e menores de 18: 5 €
Debedes indicarnos se estades nalgunha destas circunstancias de idade, o nome completo e o número de DNI.
A xestión do seguro realízaa a FGCMF-Culturmar cada venres. Nós mandámoslle a solicitude o xoves anterior a tarde.
Lembrámosvos así mesmo que a póliza é anual, e que deste xeito comezará o 01/04/2017 vencendo o 31/03/2018 independentemente da data na que se faga a solicitude dos seguros por parte das asociacións.
O Número de conta para facer a transferencia. É o seguinte:
ES51 2080 0355 7230 0002 1714
Un saúdo.
Paz gonzález.
Tesoureira sa Asociación CC Terra de Oute
[...]
|
Ler máis...
|
|
Actividade
Xoan Mariño - 18/03/2017
|
|
Prezados/as socios/as de Terra de Outes: O vindeiro sábado, 18 de marzo de 2017, en colaboración con a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (Melisa), o Club de Atletismo Outes e as Revoltas Ciclistas de Outes, a nosa Asociación organiza unha actividade para cartografiar e documentar o patrimonio de Outes. A actividade vai estar dirixida por Rafael Ávila, membro do Equipo Humanitario de OpenStreetMap (HOT) e da OpenStreetMap Foundation (OSM Foundation) e colaborador de proxectos humanitarios como o tifón Haiyán de Filipinas, importacións de datos en Nixeria, República Centroafricana, crise do Ébola, terremoto do Nepal, escolas de Uganda, estradas de Tanzania, hospitáis, fontes e potabilización de auga, erradicación de polio, malaria, etc. En arquivo adxunto remítese o Programa da actividade que comenzará ás 13 h. no Centro Náutico do Freixo cunha sesión teórica; seguido dun xantar no bar Berberecho, e un paseo práctico pola tarde para rematar con algo de traballo de gabinete na aula do centro náutico Francisco Rama, para o cal se necesita un teléfono móbil intelixente co software que se detalla no documento achegado.
Esta actividade está deseñada para un máximo de 20 persoas e a admisión farase por orde inscripción no enderezo electrónico de Ricardo Rodríguez, socio encargada nesta ocasión de organizar esta actividade:
ricardo.julio.rodriguez.fernandez@gmail.com
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terrra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Acto na Casa de Cultura
Xoan Mariño - 04/03/2017
|
|
Hoxe ás 7, na Casa da Cultura da Serra, acto de Terra de Outes sobre a enerxía eléctrica. Se traes un recibo da luz pódenche exclicar canto podes aforrar.
Xoán mariño
[...]
|
Ler máis...
|
|
LACOADA
Xoan Mariño - 20/02/2017
|
|
Prezado/a socio/a:
Como todos os anos, ao comezo do Entroido, a ACC Terra de Outes celebra unha lacoada, para todos os socios/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos/as dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma con tres días de antelación, para saber coa maior exactitude posible a cantidade de carne que vai ser necesario desalar.
A lacoada vai ter lugar o sábado 25 de febrero ás 22 horas no restaurante Peto do Cruceiro de Roo e cómpre que confirmes a túa asistencia –e nos digas se vas traer acompañante/s– antes das 21 h. do martes 22 de febrero, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño Presidente da A. C.-C. TERRA DE OUTES
Outes, 20 de febreiro de 2017
[...]
|
Ler máis...
|
|
RESUMO DE CONTAS DO EXERCICIO 2016
Xoan Mariño - 25/01/2017
|
|
Prezados socios/as de Terra de Outes:
Envío o resumo das contas do exercicio 2016 presentadas na Asamblea Xeral do 21 de xaneiro de 2017 e aprobadas coas correccións seguintes:
-
incluír como saldo do 2015 as subvencións do Concello e da Deputación, aínda que as cobramos no 2016.
-
incluír como ingresos algúns efectuados nos últimos días (200 € de publicidade e 117 € de venda de revistas e libros) pero que correspondían a 2016.
Ademais incluíuse como gasto a comisión da transferencia (10,21 €) para o pago da factura de Grafinoia realizada dous días despois da Asemblea.
Un saúdo.
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|
|