Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 133 ata 138 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 15 16 17 18 19 20 21 22 2324 25 26 27 28 29 30 31   ... 32 Seguinte >>

Churrascada

Xoan Mariño - 15/07/2017
Ver noticia

En adxunto, convocatoria churrascada Terra de Outes. O prezo por persoa andará entre os 12 e os 15 € (menores de 18 a metade, menores de 14, 3€).
Fixádevos no prazo para apuntarse.

Xoán Mariño

 

 

A. C.-C.TERRA DE OUTES

Local Social de Outes

Outes-15239

 

 

 

Estimadas socias e socios:

 

Como todos os anos, no mes de xullo, Terra de Outes organiza unha churrascada para todos os socios/as e colaboradores/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma cunha semana de antelación, a fin de saber coa maior exactitude posible a cantidade de comida e bebida que vai ser necesaria.

A churrascada vai ter lugar o sábado 15 de xullo na área recreativa que o Liceo de Noia posúe en Ceilán e pón á nosa disposición. Como sempre, vai estar supervisada polos nosos “chefs” Francisco Balayo Pancho e Quico Vidal;comenzará a prepararse ás 13 horas e mentres a carne chega ao seu punto, que será en torno ás 14 h., teremos unhas empanadas de entrante e uns viños para os adultos e refrescos para menores de idade.

Durante a sobremesa, aproximadamente ás 17:00 horas, no mesmo lugar presentaremos o nº 39 da nosa revista Terra de Outes.

Para vir á comida é preciso que confirmedes a vosa asistencia –e digades se ides traer acompañante/s– antes do domingo 9 de xullo, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com. Se únicamente ides asistir á presentación da revista, non é necesario anotarse previamente e estades invitados a un café e chupiños se vos apetece.

 

                             Un cordial saúdo                                         

Ramón Blanco Fernández

Secretario daA. C.-C.TERRA DE OUTES

                                                                       Outes, 30 de xuño de 2017

 

 

 

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro Vento nas Velas

Xoan Mariño - 08/07/2017
Ver noticia

O concello de Muros invítanos á presentación dun libro.
En correo adxunto remítovos a invitación con indicación de día e hora.
Xoán mariño.

Presidente da ACC Terra de Outes

 


 

DESCARGA INVITACIÓN

[...]
      Ler máis...

Concentración contra o peche de centros educaitivos

Xoan Mariño - 29/06/2017
Ver noticia

 Prezado socio/a de Terra de Outes:
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público  convoca unha concentración  contra o peche de centros educaitivos, para o xoves día 29 ás 11:00 horas diante da Consellaría de Educación, en Santiago. A ANPA do Cruceiro ten previsto acudir e Terra de Outes apoia a protesta, tanto polas razóns pedagóxicas expresadas no maniferesto do consello escolar daquel colexio, como pola nosa oposición ao desmantelamento, non só de servicios privados, (rexistro da propiedade de Muros, sucursales bancarias, supermercados...), senón tamén públicos, como os educativos ou sanitarios, que agravan o despoboamento do rural galego e de Outes en particular, sen que as autoridades nin municipais, nin autonómicas, nin estatais saiban como ou non queiran combater. 

Polo futuro de Outes, apoia ti tamén as mobilizacións.
Xoán Mariño

Presidente da ACCC Terra de Outes.

[...]
      Ler máis...

Nova

Xoan Mariño - 24/06/2017

Boas compañeir@s:

Tal como se informou na pasada asemblea do día 2 de xuño, envíase esta comunicación dando apertura de prazo para solicitar a reserva de tickets para xantar e cear na carpa mariñeira do XIII Encontro.

Para facilitar a xestión, comunicación e a cobertura (pódese cubrir incluso dende un móbil) creouse este FORMULARIO WEB, onde cada colectivo poderá facer a reserva de tickets que necesite, ademais de informar cantos dos seus membros teñen pensado durmir no pavillón do CEIP Isidora Riestra, na zona de A Seca (para ter preparadas colchonetas abondo)

Recordámosvos as condicións que se acordaron na asemblea:

-O custe de cada comida é de 5 €, inclúe dous pratos, postre e bebida.
-Poderánse facer reservas de tickets ata o día 25 de xuño ás 24 horas.
-As reservas faranse por colectivo, non aceptando reservas por barco nin individuais.
-O pago das reservas efectuarase na caseta de información ao retirar os tickets, coa posibilidade de pagar anticipadamente mediante transferencia bancaria (neste caso, data límite de pago o 25 de xuño ás 24 horas. Contactar coa oficina para recibir instrucións ao respecto 986 524 845)
-Ao retirar as reservas non se aceptarán modificacións, é dicir, recolleranse e pagaranse tódolos tickets reservados.
-O horario de retirada dos tickets será de 10:00-14:30 / 17:00-21:30 de xoves a domingo na caseta de información
Aproveitando a comunicación, recórdase tamén que para a retirada de tickets non reservados, deberase indicar o nome da embarcación ou colectivo ao que pertence. Estes tickets poden retirarse no mesmo lugar e horario indicado anteriormente. 

 

 

AVISO IMPORTANTE: Pode darse a situación de que haxa máis asistencia que a programada inicialmente e, polo tanto, que se esgoten os tickets para unha determinada comida. Deste xeito, os participantes que non fixeran reserva, NON TERÁN COMIDA GARANTIDA , polo que animamos á xente a que reserve, ou retire os tickets canto antes unha vez comezado o Encontro.

Para calquera dúbida o aclaración podedes poñervos en contacto coa oficina (986 524 845) ou enviar un correo a secretaria@culturmar.org

Recibide un saúdo mariñeiro!

[...]
      Ler máis...

Letras galegas 2017

Xoan Mariño - 17/05/2017
Ver noticia

Letras Galegas 2017

 

 

[...]
      Ler máis...

XANTAR

Xoan Mariño - 22/04/2017
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:     O próximo sábado 22 de abril, no noso local social do lugar de Outes, a nosa Asociación organiza unha comida (mexilóns e polvo) para celebrar a saída da nosa revista nº 38.      Se desexades acudir debes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do venres, 14 de abril, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 15 €  (menores de 18 a metade e menores de 14, 3 €).       Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase aos postres (5 da tarde aproximadamente) e todos/as  estades invitados/as a tomar un café con nós.       En todo caso recibide un afectuoso saúdo. Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574