O foro comezará cunha introdución, na que o equipo de proxecto fará un repaso dos eixos principais desta iniciativa de renaturalización fluvial desenvolvidas ata o momento [4]. A continuación celebrarase unha sesión de gobernanza, co obxectivo de consensuar coas persoas participantes unha proposta de “Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá”[5]. Darase conta tamén das achegas realizadas nas semanas previas pola comunidade educativa, colectivos locais e persoas a título individual, unha vez que a proposta de declaración está aberta a comentarios tanto desde a web do proxecto como fisicamente na Casa do Concello.
Ao finalizar a sesión, aproximadamente sobre as 19h, celebraremos a adopción da “Declaración de Dereitos do río Tins” cuns petiscos, polo que pregamos confirmar a participación no email info@montescola.org indicando ademais calquera intolerancia alimentaria, si fora o caso.
Esta é a primeira vez que desde un concello se recoñecerán os dereitos dun elemento natural, dotándoo dunha carta no que se recoñecen desde o dereito a non ser contaminado ou danado por actividades humanas, ata o dereito á protección e conservación. A proposta de declaración tamén recolle os compromisos da veciñanza das ribeiras do Tins así como das súas institucións, incluíndo os de actuar en caso de calquera violación dos dereitos do río e a participar na súa conservación e mellora.
O Tins será o primeiro río de todo o Estado español ao que se lle recoñecen os seus dereitos, logo de que en 2022 se recoñecese a lagoa do Mar Menor como un ecosistema como suxeito de dereitos.
Quedamos á súa disposición para calquera aclaración sobre o foro, en particular, ou sobre o proxecto en xeral.
Confiando en poder saudarlle persoalmente ese día, reciba ate entón un cordial saúdo,
Equipo do proxecto Renatur_Outes
---
Sobre o proxecto Renatur_Outes:
Liderado polo Concello de Outes, o proxecto Renatur_Outes conta coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU [6]
No eixo do Renatur_Outes están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental, isto último mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes ao longo de toda a vida do proxecto mediante a celebración de sesións de gobernanza. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senón tamén xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto para manter vivo o seu legado.
Contactos:
-
Alba Quintela Vilariño, Concello de Outes: 635398829
-
Joám Evans Pim, Fundación Montescola: 622312831
-
Beatriz Noya Mariño, Fundación CEER: 881015781
Referencias:
[1] “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”
[2] Axenda do evento: publicarase próximamente na web e perfís en redes sociais (Facebook e Instagram) do proxecto
[3] Casa da Cultura de Outes: https://www.outes.gal/gl/casa-cultura
[4] https://renatur.outes.gal/
[5] Ligazón á "Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá": https://docs.google.com/document/d/13KnQzWgfxcEtQsUgtuLrap1cr-xvnXU3wLZsvYjxKUc/edit#heading=h.dil1gwro6zyf
[6] "Convocatoria de subvenciones para la restauración de ecosistemas fluviales y la reducción del riesgo de inundación en entornos urbanos españoles 2021"
https://planderecuperacion.gob.es/como-acceder-a-los-fondos/convocatorias/BDNS/601211/convocatoria-de-la-fundacion-biodiversidad-para-actuaciones-dirigidas-a-la-restauracion-de-ecosistemas-fluviales-y-reduccion-del-riesgo-de-inundacion-en-entornos-urbanos-espanoles-a-traves-de-soluciones-basadas-en-la-naturaleza-2021-en-el-marco-del-prtr