Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 169 ata 174 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 21 22 23 24 25 26 27 28 2930 31 32     Seguinte >>

Acto contra a violecia de xenero

Xoan Mariño - 31/08/2015
Ver noticia

No comenzo da 2ª das xornadas que Terra de Outes organiza estes días na Casa de Cultura de Outes, a rogo dos organizadores,  os asistentes a ela gardaron un minuto de silencio en repulsa polo execrable asesinato de dúas nenas en Moraña no día de hoxe e como sinal do seu firme desexo de fin da violencia contra as mulleres.

Un saúdo
Xoán Mariño 
presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro sobre a historia do Freixo

Xoan Mariño - 20/08/2015
Ver noticia

 Estimados/as amigos e amigas de Terra de Outes:

En arquivo adxunto remítovos unha invitación para a presentación dun libro sobre a Historia do Freixo que vai ter lugar o próximo xoves, 20 de agosto, ás 8 da tarde no Centro Náutico Municipal, por se vos interesa.
Un saúdo

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...

Información

Xoan Mariño - 19/08/2015


Na sala inferior está a serie de fotografías que recollen os momentos máis representativos da traxectoria desta Asociación desde a súa aparición para homenaxear ao pintor Arximiro Suárez no centenario do seu nacemento ata a participación coas dúas embarcacións que Terra de Outes posúe no último Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado recentemente en Cabo de Cruz. na mesma sala encóntrase un expositor no que se mostran as publicacións que esta Asociación impulsou: revistas, libros, catálogos, así como o DVD e o Disco gravados para o Bicentenario de Añón.
Na sala superior están os carteis anunciadores dos principais actos: Inauguración do monumento ás Vítimas do franquismo do Freixo, a do Muíño Grabiel restaurado por esta Asociación, as 7 Muiñadas, concentracións, manifestacións, exposicións, celebración das Letras Galegas, o encontro de Embarcacións Tradicionais do Freixo e, por suposto, os actos conmemorativos do Bicentenaio de Añón celebrados no 2012.
Esta exposición poderase visitar aínda ata fin de mes. \"

[...]
      Ler máis...

Muiñada

Xoan Mariño - 30/07/2015
Ver noticia

 Prezados socios e socias:

O próximo xoves 30 de xullo, comenzan as Xornadas de Exaltación do Patrimonio Cultural que a nosa Asociación ven organizando hai xa 7 anos baixo a denominación de "Muiñada", que nesta ocasión, con motivo do X aniversario de Terra de Outes, adicamos ao Asociacionismo, con participación de asociacións de diverso tipo tanto da nosa localidade como do Barbanza e cuxo programa envío en arquivo adxunto.
No desenvolvemento das mesmas incluímos dous desprazamentos, ambos guiados: un a Noia, para visitar o Museo do Mar e o Museo das Laudas de Sta. María a Nova. O outro ao Monte Pindo, onde os/as asistentes, ademais de recibir explicacións por parte dun representante da Asociación Monte Pindo Parque Natural, xantarán, cada un/unha a comida que leve. 
Mais ambas excursións deben contar cun mínimo de asistentes: a Noia, polo menos 10 persoas que viaxarán en vehículos particulares e a do Monte Pindo realizarase en autobús e como cada viaxeiro ten que aboar 10 € (menores de idade 5€), débense reunir polo menos 25 persoas que viaxen no autocar.  De non xuntarse este mínimo, unha ou/e outra excursións se suspenderían, así como polo mal tempo no 2º caso.
O prazo para apuntarse ás saídas remata o mesmo día do comenzo das xornadas, o xoves, 30 de xullo.
Agardando contar coa vosa presenza nesta nova Muiñada, mándavos un cordial saúdo
Xoán X. Mariño.

Presidente da ACC Terra de Outes

 

PROGRAMA

 

 XOVES, 30 XULLO

 

§      19.30 h.: Conferencia:A Asociación Cultural Barbantia. Por Antón Riveiro Coello, escritor e fundador de Barbantia.

§    20.00h.: Conferencia:As Agrupacións pola Memoria Histórica. Por Xoán Carlos Hermida, profesor de Xeografía e Historia e membro da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Barbanza.

 

VENRES, 31 XULLO

 

§     19.30h.: Conferencia:A formación da Asociación Turística Comarcal  Muros-Noia. Por Soledad Agra, secretaria da ATR Muros-Noia.

§    20.00h.: Conferencia:Un exemplo de asociacionismo veciñal: a A.VV. Sueiro de S. Lourenzo. Por Emilia Insua Antelo, presidenta da A.VV. Sueiro e Soledad Perol, secretaria.

 

SÁBADO, 1 AGOSTO

 

§   10.30h.: Visita guiada ao Museo do Mar de Noia

§   12.00h.: Visita ao Museo das Laudas de Sta Mª a Nova de Noia, coa guía de Xepe Torres, arqueólogo que dirixiu as excavacións no cemiterio noiés.

§    18.30h.: Inauguración da exposición “ACC Terra de Outes: 10 anos de activismo cívico e cultural”.

§    19.00h.: Conferencia: A Asociación de Pais e Nais do CEIP da Serra. Por Marisol Lago, presidenta da ANPA da Serra.

§    19.30h.: Conferencia: As Asociacións xuvenís galegas. Por Daniel Paradela, estudante universitario e membro da A.X.  Harar de Noia.

§   20.00h.: Conferencia:Un caso de asociacionismo de discapacitados: ADISBISMUR. Por o presidente da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros.

§  20.30h.: Mesa redonda: Asociacionismo: apoios institucionais e trabas administrativas. Con representantes de todas as asociacións participantes e Xosé Regueira Varela, novo Deputado de Cultura da Deputación da Coruña.

 

DOMINGO, 2 AGOSTO

 

§   10.30h.: Subida ao Monte Pindo, acompañados por Mario Maceiras, presidente  da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

 

 

 

 

[...]
      Ler máis...

Exposición

Inauguración da exposición \ - 25/06/2015

Exposición \"Introvisións\", elaborada polo alumnado do Ciclo de Fotografía do IES Viexe do Mar de Noia, que tivo lugar o pasado sábado na Casa da Cultura de Outes e na que interviron XoáN X. Mariño, presidente da ACC Terra de Outes, organizadora do acto, e Xavier Castro, director do instituto noiés.  para publicar na páxina de Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Esposición de fotografía

Xoan Mariño - 20/06/2015
Ver noticia

Sábado, 20 de xuño ás 12 da mañá, na Casa da Cultura de A Serra inauguración da exposición de fotografía Introvisións, realizada polos alumnos e alumnas do Ciclo de Fotografía do Instituto Virxe do Mar de Noia.

       No acto intervirán Xavier Castro, Director do IES Virxe do Mar e Xoán Xosé Mariño, Presidente da A.C.C. Terra de Outes.

 

[...]
      Ler máis...




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574