Co novo ano (que vos desexo proveitoso) mándovos en adxunto senllas convocatorias para a asemblea xeral ordinaria e mais unha extraordinaria, que terán lugar o vindeiro 16 de xaneiro, sábado, no local de Outes.
Ese mesmo día, tal como se especifica na convocatoria, preséntase a revista nº 33 e farase un xantar.
O sábado, 19 de decembro, a nosa Asociación vai celebrar a súa tradicional cea de Nadal no restaurante Areal, pero o menú aínda está por concertar, a ver que nos poden poñer por 30 € por cabeza.
Se estás interesado/a, comunícanos a túa asistencia (e se vas vir acompañado/a) antes das 22 horas do martes, 15 de decembro, así como a túa (ou vosa, se hai acompañante) preferencia polo peixe ou a carne no prato principal.
Se non vos fose posible acudir, recibide, en todo caso, os nosos mellores desexos para o vindeiro ano e que teñades un Feliz Nadal.