Asociación de Terra de Outes

>> ¿Cómo chegar? <<


ORIXE DA ASOCIACIÓN

 

Na mente dos impulsores da Asociación Terra de Outes estaba o desexo de dar continuidade á Plataforma Nunca Máis de Outes, que durante un par de anos protagonizara unha gran movilización social neste concello para esixir, xunto unha multitude de organizacións de toda Galicia, responsabilidades pola catástrofe do Prestige. A intención, expresada por un dos promotores, Xoán Mariño, era a de manter unha estructura estable de cidadáns dispostos a raccionar diante de calquera alarma medioambiental ou  na demanda de dereitos e libertades sociais e, mentres non se producise tal circunstancia, actuar na dinamización da vida cultural  de Outes ou a protección do patrimonio histórico e etnográfico.

 


Foto 1: Fundadores da Asociación. De arriba abaixo: José M. Orodea, Vicente Fernández, Xan García, Manolo Martínez, Carlos García, Pepa Alborés, Xosé M. Vázquez, Lola Pena, Xoán X. Mariño e Ramón Blanco

 

A tal fin comenzaron os primeiros encontros entre os activistas da hibernada  Plataforma Nunca Máis de Outes que cristalizaron na acta fundacional da Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes que asinaron os seus primeiros socios en outubro do 2005 (ver foto 1). Sen embargo, a súa actividade comenzou moito antes, desde o mes de febreiro dese mesmo ano con diversas reunión preparatorias nas que se escolleu, ademais do nome, unha Xunta promotora que se encargou de elaborar uns estatutos e un regulamento que, unha vez aceptados en asemblea polos socios no verán do 2005, deberon ser sometidos ao trámite administrativo da súa aprobación pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, que inscribíu a Terra de Outes no Rexistro de asociación  con data do 14 de febreiro de 2006.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES

 


Foto 2: Catálogo da exposición homenaxe a Arximiro Suárez.

Entrementres, a Asociación xa fixera acto de presencia pública en xullo dese ano con ocasión do centenario do nacemento do pintor Arximiro Suárez, natural de Boel (Outes), para cuxa conmemoración se organizou unha exposición de pinturas do artista cedidas por familiares, propietarios particulares e os Concellos de Noia e Outes, que colaboro na organización dos actos de homenaxe e financiou a publicación dun catálogo das pinturas que formaron parte da citada exposición (foto 2) e no que se recollían textos de Avilés de Taramancos, Xoán García, Xoán Mariño  e Xosé Agrelo, quen, ademais, participou na inauguración da exposición cun fermoso discurso moi aplaudido polo numeroso público asistente, entre o que se atopaban unha filla e algúns netos do artista outense.

 

 

En novembro do mesmo ano, por iniciativa desta nova Asociación, con ocasión do Día Internacional contra a violencia de xénero, tivo lugar unha concentración diante do concello en protesta do elevado número de vítimas da violencia machista nos meses anteriores.


E un mes despois, Terra de Outes interviña na organización da presentación do libro ¿Orfeu en soños?, do poeta natural de Cando (Outes) Ramón Blanco, acto co que se pechaba o primeiro ano de existencia da nova Asociación. 

 

 


OUTRAS ACTIVIDADES

 

Monumento as vítimas do franquismo do Freixo:

 

Ergueuse no lugar do Freixo próximo ao límite co concello de Muros, ode fora asesinado o deputado republicano Luis Barrena y Alonso de Ojeda. Este era natural de Sigüenza (Guadalajara) e foi concelleiro en Madrid na primeira corporación republicana saída das urnas en abril de 1931. Logo contribuíu á fundación do Partido Republicano Radical Demócrata, xunto con Diego Martínez Barrio, quen despois sería brevemente xefe do goberno republicano trala dimisión de Casares Quiroga. Estaba casado con Carme Doval, unha farmacéutica natural de Muros, filla dun prestixioso avogado afincado na capital.[...]

 

Ler máis

 

 

 

Restauración do muíño Gabriel no Freixo:

 

Hai en Outes 259 muíños repartidos polos tres grandes ríos e a gran multitude de pequenos cursos de auga que cruzan as dez parroquias que conforman o noso concello.


No Río de Outes, que nace nas inmediacións da igrexa de S. Pedro e vai desembocar ao Río Tins á altura da Serra, hai 9, incluíndo os tres que se achan nos dous delgados regatos que pasan a rentes de Vilar e Cambeiro.


Os últimos cinco, coñecidos como Muíño do Caghulo, Muíño do Couto, Muíño de Cambeiro, Muíño da Boela e Muíño Grabiel son que se refrexan nun mapa do ano 1780 elaborado polo arquitecto Manuel Varela que en anos anteriores estivera construíndo a igrexa parroquial e que por esa época estaba traballando no campanario de S. Tirso de Cando. Este mapa fora encargado para representar unha captación de augas no Río de Outes que era obxecto de litixio e que debeu chegar en apelación á Real Audiencia de Galicia, de onde anos máis tarde pasou  ao Arquivo do Reino de Galicia, onde na actualidade se conserva. Aquela data sérvenos para confirmar que no século XVIII xa funcionaba este muíño, o derradeiro dos cinco que se achan no tramo deste curso fluvial que pasa polo lugar que leva precisamente o nome do río.
Cando todos eles foron visitados no proceso de catalogación da arquitectura popular de Outes que se levou a cabo entre o 2000 e o 2002, xa ningún estaba en activo e a maioría estaba en ruíñas e o Muíño Grabiel tamén se achaba nun estado lamentable. [...]

 

Ler máis

 

 

 

CONVOCATORIA

 

 

 

 

 

 

"Asociación Terra de Outes apoia  a  concentración Unitaria convoca pola Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza e outras organizacións que terá lugar o próximo xoves, 19 de xuño, a partir das 20.30 h., diante da Casa do Concello de Noia co lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR."
 
MANIFESTO
 
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
 
Fotos da exposición que inauguramos o sábado na casa da Cultura de Outes. Trátase dunha serie de fotografías realizadas polos alumnos/as do ciclo de foto do IEs Virxe do Mar de Noia co título de "Introvisións" , nas que plasman as súas inquedanzas, preocupacións e formas de pensar a vida e o futuro. No acto interviron Xavier Castro, director do centro; Montse Pernas, profesora do ciclo e  Xoán Mariño, presidente da Asociación Terra de Outes, que organizou a mostra destas fotografías en Outes.
 
    
 
    
 
Balance económico da nosa Asociación correspondente ao ano 2014 que será presentado pola Directiva para a súa aprobación na asemblea xeral do sábado, por se algún socio/a desexa coñecer previamente ingresos e gastos para solicitar as alaracións que considere oportuno.
 
Atentamente
Xoán Mariño.
Presidente da ACC Terra de Outes.
 

 

                                   EXERCICIO ECONÓMICO DO ANO 2014

                                  

                                   INGRESOS:

            Subvención Concello...................................................................... 700

            Lotería 2014..................................................................................  660

            Subvención Deputación....................................................................995

            Propaganda revistas......................................................................   450

            Subvención Voluntariado XI Encontro.............................................. 1080

            Venda revistas e libros.................................................................... 585.50

            Cotas socios (28).........................................................................   336

            Cantina mariñeira XI Encontro......................................................    2181.32

            Doazóns socios...............................................................................399.95

            Libro Nicolasa (Presentación)....................................................... ..  600

                                                                              TOTAL INGRESOS:  7987.77

 

                                   GASTOS:

            Santa Lucía S.A..................................................................................  314.03

            Páxina Web Mantemento....................................................................... 48.40

            Comisións e gastos cartilla.................................................................    44.60

            Grafi-Noia............................................................................................. 4100

            Teléfono móbil...................................................................................... 101

            Teléfono..............................................................................................  180

            Fotocopias ........................................................................................    3.25

            Conferencias........................................................................................  800

            Correos................................................................................................ 22.31    

            Rexistro Barcos.................................................................................... 36.30

            Bombona butano..................................................................................  17.50

            Flores homenaxe Manuel Otero.............................................................  25

            Pinchos actos varios..............  ............................................................. 179.33

            Fotos exposición XI Encontro.............................................................    217.80

            Foto para Deputación.............................................................................2

            Altofalantes...........................................................................................29.90

            Cota FGCMF........................................................................................ 100

            Convite botadura embarcacións VI Muiñada............................................  350

            Transporte embarcacións......................................................................   73

            Dotación embarcacións........................................................................   209.29

            Reparación naufraxio..........................................................................     60.05

            Acceso muíño.........................................................................................1440

           

           

                                                                                            TOTAL GASTOS: 8353.76

            SALDO ANTERIOR   5395.72

 

            SALDO a 17 de xaneiro 2014         5395.72-8353.76+7987.77=5029.73 €

           

            Observacións: ingreso Concello +750, Deputación + 1700 Cds encontro – 200,

            Aparellamento buceta Támara?  

 

 

                 

A Asemblea Xeral ordinaria da ACC Terra de Outes celebrada o pasado  17 de xaneiro, aprobouse por unanimidade de todos os socios e socias asistentes que a nosa Asociación se sume á manifestación que a Plataforma Queremos Galego convoca para o próximo domingo 8 de febreiro en Santiago, diante da tremenda perda de falantes do noso  idioma como consecuencia da insensible política lingüística da Xunta de Galicia respecto do uso do galego.
Para facilitar a asistencia de todos cantos/as desexen acudir a dita manifestación, sairán AUTOBUSES desde a ESTACION de NOIA ás 11.00 h..
 
 
 
O venres, 27 de febriro, en colaboración coa AC Barbantia, a ACC Terra de Outes presentou no IES Virxe do Mar de Noia o libro de Poesías de Nicolasa Añón editado pola nosa Asociación o ano pasado. 
No acto interviron Xabier Castro, director do Instituto, Agustín Agra, en representación da Asociación Cultural Barbantia. Manolo do Río, en representación da ACC Terra de Outes e Ramón Blanco, autor do libro
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
 

 

            

 

Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574