Bicentenario Poeta Francisco Añón

 

Poeta Añón (9 de Outubro de 1812 - 20 de Abril de 1878)

 

 

 


Video de presentación do Curso Poeta Añón
 

 

Terra de Outes-Bicentenario Poeta Añón 1812-2012
 

 

 

 

En outubro de 2012 cúmprense 200 anos do nacemento de Francisco Añón, a personalidade máis ilustre, querida e respectada por todos os outenses que oíron aos seus maiores referirse a el cun ton de auténtica reverencia, por ver na súa obra poética a expresión máis lograda tanto da beleza da terra que nos veu nacer como da nosa forma de ser, de relacionarnos co entorno e cos demais.


Por este motivo, os veciños de Outes, queremos aproveitar o acontecemento para, non só homenaxear o noso célebre escritor, senón tamén para transmitirlles ás novas xeracións a necesidade de manter viva a chama que alumea a nosa identidade.


Na certeza de que os actos que se van levar a cabo por parte da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Outes e para renderlle cumprida homenaxe deben servir tamén para achegar a súa figura aos máis novos, é polo que cremos conveniente que toda a sociedade civil de Outes, a través do asociacionismo veciñal e cultural, entidades de todo tipo, empresas e, sobre todo, os centros de ensino, deben intentar involucrarse en ditos actos para levar a todos os curruchos do concello e todos os seus veciños e veciñas a nosa permanente devoción polo gran poeta Francisco Añón.


Por este motivo animamos a todos cantos queiran contribuír na homenaxe do noso querido poeta a participar nos actos de difusión da vida e obra de Añón que se celebrarán ao longo do presente 2012, no que vén de ser declarado por parte do Concello de Outes como Ano de Añón, para o que se conta co apoio institucional da Real Academia Galega, o Consello da Cultura de Galicia, a Deputación de A Coruña e a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

CONGRESO

 

Congreso 2012 Bicentenario de Francisco Añon Paz 

4, 5 Outubro de 2012

Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

O Congreso en Imaxes

 

 

XORNADAS CONMEMORATIVAS

 

Bicentenario de Francisco Añon Paz

 Outes 6,7 e 9 de outubro

Xornadas conmemorativas 2012 Concello de Outes

As Xornadas en Imaxes

 

 

 

 

 

Certame de Pîntura
Bicentenario Añón

 

Certame de Pintura

Dirixido a escolares de infantil, primaria e secundaria.

Presentación ata o día 3 de outubro de 2012 na

Casa da cultura de Outes.

 

 

 

Ver a relación de actos conmemorativos do Ano de Añón.

 

Video de presentación do Curso Poeta Añón

 

 

Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574