Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 85 ata 90 de 94 elementos

<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516     Seguinte >>

Exposición

XOÁN X. MARIÑO REINO Presidente da A.C.C. Terra de Outes - 11/07/2014
Ver noticia

Comprácese en convidar a vde. á inauguración da exposiciónForza, espacio, tempo da escultora outense Pepa Nieto Busto.

Acto que terálugar o venres, 11 de xullo, na Casa da Cultura da Serra, ás 8 da tarde e no que intervirán o profesor José Luis Molinos Vidal e a propia autora.

[...]
      Ler máis...

Acto en carnota

Xoán X. Mariño - 27/05/2014
Ver noticia

Prezados amigos e amigas:
Un compañeiro de Carnota invítanos a un acto o próximo sábado, día 7 de xuño nesa localidade. E se podedes facer chegar o convite aos vosos coñecidos e coñecidas, serán todos/as ben recibidos/as. O texto da mensaxe é o seguinte:   "IV enarborar o bosque" Os colectivos artísticos Arteu , e Factoría delideas, queremos convidar a toda a veciñanza e asociacións do Concello de Carnota, a que participedes con nós nunha romaría artístico reivindicativa , que terá lugar o vindeiro sábado 7 de Xuño, durante todo o día, na praia de Boca do río ( Carnota ). A nosa intención é convocar a artistas e público en xeral a que se sumen a este acto en defensa da natureza, que como cada ano, convocamos para reivindicar a protección do noso medio, facéndoo en datas próximas ao día internacional do medio ambiente. Este ano eliximos o concello de Carnota, para denunciar os lumes que de xeito reiterado, se producen non só nesta zona, se non tamén en todo o territorio galego. Contaremos coa participación de pintores, escultores, fotógrafos, actores e músicos, nunha convivencia artística, dende a que denuciaremos o maltrato ao que é sometido o noso monte, e farémolo con música, arte e poesía. A participación é libre e estades todas e todos convidados, e se alguén quere participar activamente con algunha actividade artística que se poña en contacto con nós para organizar os tempos. Para o público en xeral, basta con que vos presentedes na romería cos vosos xantares e desfrutedes con nós dun dia de arte ao aire libre. Sen máis e agardando que esta proposta sexa do voso interese"   Podedes ver manifesto e cartaz do evento en www.enarborarobosque.org Recibide un cordial saúdo.
Xoán X. Mariño

ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Cea republicana

Xoán X. Mariño - 02/04/2014
Ver noticia

Benqueridos amigos/as,  
O vindeiro sábado 5 de abril de 2014 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza para conmemorar o día da República, vai organizar algúns actos que inclúen unha exposición, un coloquio e unha cea no Restaurante Jenaro de Ribeira, no transcurso da cal se outorgará o nomeamento de "Figura Repúblicana do ano" a Sons e Visións, tralo cal se proxectará un avance do documental no cal a Comisión está traballando.  
Adxúntase o cartel dos actos, nos dita Comisión que agarda contar coa vosa presencia. Os/as interesados en asistir ademais á cea, deben apuntarse no teléfono 646097453 de Adrián Romay, Presidente da CRMH.
 
 É primavera en Noia e as noites pronto serán longas minas de diamantes (Na memoria de Antón Avilés no seu 21 cabodano). Recibide un cordial saúdo de

Xoán X. Mariño.

[...]
      Ler máis...

Inauguración da exposición de fotos realizadas polo alumnado do Ciclo de fotografía do IEs Virxe do Mar de Noia

Xoán X. Mariño - 16/05/2013
Ver noticia

Homenaxe a Rosalía no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos que se realizou na Casa da Cultura de Outes o xoves 16 de maio 2013 e no que interviron Xoán X. Mariño, presidente da Asociación Terra de Outes e Montserrat Pernas, profesora de Imaxe e Son en dito centro .

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...

Curso de Verán Bicentenario Añón

Bicentenario - 19/07/2012
Ver noticia

 

Curso de Verán

Bicentenario do nacemento Poeta Añón.

19 - 22 Xullo de 2012

Casa de cultura. A Serra. Concello de Outes.

[...]
      Ler máis...

El molino Grabiel se abre a escolares

MANUEL GIL. OUTES - 12/02/2012
Ver noticia

Terra de Outes inauguró ayer las obras de restauración del edificio.

 

Los vecinos de la parroquia de Outes, en el municipio del mismo nombre, están de enhorabuena. Y es que después de dos años de trabajo y búsqueda de financiación ha culminado la recuperación del Muíño Grabiel, de casi dos siglos y medio de antigüedad, y que pasa a engrosar la lista de atractivos del núcleo de Río de Outes.

 

La obra, promovida por la Asociación Cultural Terra de Outes, ha contado con la financiación de la Diputación, con un presupuesto de unos 5.000 euros. Los vecinos propietarios del molino, a cambio de la restauración, se han comprometido a realizar demostraciones a los colegios del concello que así lo soliciten.

 

El diputado provincial y alcalde de Lousame, Santiago Freire (en sustitución de Manuel Ruiz que no pudo acudir), y el regidor de Outes, Carlos Enrique López Crespo, acompañados del presidente de Terra de Outes, Xoán X. Mariño, fueron los encargados ayer de proceder a la inauguración oficial de los trabajos de rehabilitación de la aceña.

[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516     Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574