Listado de novas:

Muiñada
Xoan Mariño - 30/07/2015
|
|
Prezados socios e socias:
O próximo xoves 30 de xullo, comenzan as Xornadas de Exaltación do Patrimonio Cultural que a nosa Asociación ven organizando hai xa 7 anos baixo a denominación de "Muiñada", que nesta ocasión, con motivo do X aniversario de Terra de Outes, adicamos ao Asociacionismo, con participación de asociacións de diverso tipo tanto da nosa localidade como do Barbanza e cuxo programa envío en arquivo adxunto.
No desenvolvemento das mesmas incluímos dous desprazamentos, ambos guiados: un a Noia, para visitar o Museo do Mar e o Museo das Laudas de Sta. María a Nova. O outro ao Monte Pindo, onde os/as asistentes, ademais de recibir explicacións por parte dun representante da Asociación Monte Pindo Parque Natural, xantarán, cada un/unha a comida que leve.
Mais ambas excursións deben contar cun mínimo de asistentes: a Noia, polo menos 10 persoas que viaxarán en vehículos particulares e a do Monte Pindo realizarase en autobús e como cada viaxeiro ten que aboar 10 € (menores de idade 5€), débense reunir polo menos 25 persoas que viaxen no autocar. De non xuntarse este mínimo, unha ou/e outra excursións se suspenderían, así como polo mal tempo no 2º caso.
O prazo para apuntarse ás saídas remata o mesmo día do comenzo das xornadas, o xoves, 30 de xullo.
Agardando contar coa vosa presenza nesta nova Muiñada, mándavos un cordial saúdo
Xoán X. Mariño.
Presidente da ACC Terra de Outes
PROGRAMA
XOVES, 30 XULLO
§ 19.30 h.: Conferencia:A Asociación Cultural Barbantia. Por Antón Riveiro Coello, escritor e fundador de Barbantia.
§ 20.00h.: Conferencia:As Agrupacións pola Memoria Histórica. Por Xoán Carlos Hermida, profesor de Xeografía e Historia e membro da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Barbanza.
VENRES, 31 XULLO
§ 19.30h.: Conferencia:A formación da Asociación Turística Comarcal Muros-Noia. Por Soledad Agra, secretaria da ATR Muros-Noia.
§ 20.00h.: Conferencia:Un exemplo de asociacionismo veciñal: a A.VV. Sueiro de S. Lourenzo. Por Emilia Insua Antelo, presidenta da A.VV. Sueiro e Soledad Perol, secretaria.
SÁBADO, 1 AGOSTO
§ 10.30h.: Visita guiada ao Museo do Mar de Noia
§ 12.00h.: Visita ao Museo das Laudas de Sta Mª a Nova de Noia, coa guía de Xepe Torres, arqueólogo que dirixiu as excavacións no cemiterio noiés.
§ 18.30h.: Inauguración da exposición “ACC Terra de Outes: 10 anos de activismo cívico e cultural”.
§ 19.00h.: Conferencia: A Asociación de Pais e Nais do CEIP da Serra. Por Marisol Lago, presidenta da ANPA da Serra.
§ 19.30h.: Conferencia: As Asociacións xuvenís galegas. Por Daniel Paradela, estudante universitario e membro da A.X. Harar de Noia.
§ 20.00h.: Conferencia:Un caso de asociacionismo de discapacitados: ADISBISMUR. Por o presidente da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros.
§ 20.30h.: Mesa redonda: Asociacionismo: apoios institucionais e trabas administrativas. Con representantes de todas as asociacións participantes e Xosé Regueira Varela, novo Deputado de Cultura da Deputación da Coruña.
DOMINGO, 2 AGOSTO
§ 10.30h.: Subida ao Monte Pindo, acompañados por Mario Maceiras, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Exposición
Inauguración da exposición \ - 25/06/2015
|
|
Exposición \"Introvisións\", elaborada polo alumnado do Ciclo de Fotografía do IES Viexe do Mar de Noia, que tivo lugar o pasado sábado na Casa da Cultura de Outes e na que interviron XoáN X. Mariño, presidente da ACC Terra de Outes, organizadora do acto, e Xavier Castro, director do instituto noiés.
para publicar na páxina de Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Esposición de fotografía
Xoan Mariño - 20/06/2015
|
|
Sábado, 20 de xuño ás 12 da mañá, na Casa da Cultura de A Serra inauguración da exposición de fotografía Introvisións, realizada polos alumnos e alumnas do Ciclo de Fotografía do Instituto Virxe do Mar de Noia.
No acto intervirán Xavier Castro, Director do IES Virxe do Mar e Xoán Xosé Mariño, Presidente da A.C.C. Terra de Outes.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Clausura do curso de navegación a vela tradicional
Xoan Mariño - 13/06/2015
|
|
"O sábado 13 de xuño clausurouse o curso de navegación a vela tradicional, que se desenvolveu durante os meses de maio e xuño no Freixo, organizado pola ACC Terra de Outes, en colaboración co Centro Náutico Municipal e a Asociación Mar de Muros.
O curso contou con 21 participantes, tódolos cales pousaron para a posteridade no porto do Freixo, xunto cos seus tres monitores: Alex Pombo, Pape Sacau e Xoaquín Lago"
Foto que, xunto cunha das embarcacións que serviron de práctica para desenvolver a aprendizaxe, envío en arquivo adxunto.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|

Asemblea Xeral EXTRORDINARIA
Xoan Mariño - 09/10/2014
|
|
Estimadas socias e socios:
Pola presente convocámosvos á vindeira Asemblea Xeral EXTRORDINARIA da nosa asociación, que terá lugar o sábado 18 de outubro de 2014, ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e 12:30 horas, en segunda convocatoria. A asemblea terá lugar no noso local social de Outes (lugar de Outes), coa seguinte orde do día:
Punto 1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
Punto 2º.- Elección da nova Xunta Directiva (despois da presentación de candidaturas, que se fará ata ese mesmo día).
Unha vez rematada a asemblea, xantaremos alí mesmo unha paella,ás 14:00 horas. Para acudir ao xantar é preciso que confirmedes a vosa asistencia –e digades se ides traer acompañante/s– antes das 22:00 horas do xoves, 16 de outubro, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com . O prezo por persoa estará arredor dos 10 € (menores de 18 metade de prezo e menores de 10 anos 1 €).
Se acaso vos fose imposible asistir á comida, pero non tedes impedimento para asistir á presentación do nº 28 da revista Terra de Outes, esta terá lugar despois do xantar, aproximadamente ás 17:00 horas, no mesmo local, onde estades todos/as invitados/as a tomar un café.
Despídese atentamente
O Presidente
Xoán Xosé Mariño Reino
[...]
|
Ler máis...
|
|

VI MUIÑADA
Xoan Mariño - 13/09/2014
|
|
VI MUIÑADA
Os días 29, 30 e 31 de agosto celebrouse a VI Muiñada de Terra de Outes, unhas xornadas culturais que que a nosa Asociación ven convocando desde o ano 2007, que nesta ocasión xiraron en torno á botadura de dúas embarcacións tradicionais –un bote de Noia e unha buceta de Muros– doadas a Terra de Outes pola Consellería do Medio Rural e o Mar o pasado mes de agosto.
Así, no Centro Náutico Municipal do Freixo tiveron lugar a inauguración dunha exposición de fotos tomadas durante “O XI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia” e varias charlas de temática mariñeira: O patrimonio marítimo galego, a cargo de Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial; Os escritores galegos do mar, polo escritor Francisco Fdez. Naval; A formación en carpintaría de ribeira no Estado español, por Enrique Otero, director do Centro de Formación "A Aixola", na que se contruíron as nosas embarcacións; e, por último Os estaleiros de Outes, polo investigador e escritor outense Xan F. García Suárez.
Realizouse tamén, no cemiterio de Sabardes, un acto de homenaxe ao mariñeiro orixinario de Catasueiro, Manuel Otero, no 70 aniversario da súa morte durante o Desembarco de Normandía.
E, finalmente, culminou esta muiñada, coa botadura de ambas embarcacións, acto ao que asitiron o Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Manuel G. Sendón, o alcalde de Outes, Carlos L. Crespo e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Fernández, que pronunciaron unhas palabras de ánimo a iniciativas como a nosa. Pola súa parte, Xesús Mato, portavoz da nosa Asociación, ademais de agradecer á Consellería a doación, fixo un chamamento aos veciños de Outes a participar na utilización e disfrute de ámbolos dous barcos. A continuación, as madriñas, unha a propia Directora Xeral e outra, a moza freixana Antía Martínez, en representación do voluntariado que fixo posible o Encontro celebrado o ano pasado neste mesmo porto, procederon a bautizar con viño galego cadansúa embarcación, de nome Támara, a primeira, e Langaño, a segunda, mentres o grupo de Pandereteiras do Freixo, animou musicalmente o acontecemento, tralo cal ambas naves emprenderon a súa singradura, que desexamos sexa longa e feliz.
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|
|