Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 55 ata 60 de 187 elementos

<< Anterior 12 3 4 5 6 7 8 9 1011 12 13 14 15 16 17 18   ... 32 Seguinte >>

Convocatoria

Xoan Mariño - 07/07/2021
Ver noticia

Prezados amigos e amigas de Terra de Outes:
Diante da reducción de prazas educativas (persoal docente e non docente) no colexio da Serra decretada pola consellería de Educación, a nosa Asociación apoia a convocatoria realizada pola ANPA de dito centro educativo para concentrarse diante do colexio mañá xoves ás 8 da tarde contra os recortes na educación.
En adxunto,. Esperamos contar coa vosa presenza.
Xoán Mariño.
Presidente da ACC Terra de Outes.
 
 
 
 
[...]
      Ler máis...

Presentación da Guía turístico-cultural de Outes

Xoan Mariño - 22/05/2021
Ver noticia

En adxunto, invitación para a presentación da Guía turístico-cultural de Outes , de Xoán Mariño o próximo sábado ás 7 da tarde.

 

 

[...]
      Ler máis...

Enlace info Guía de Outes

Xoan Mariño - 22/05/2021
Ver noticia

Para os que non puidéchedes asistir: no seguinte enlace tendes información recollida polo xornal O Barbanza sobre o acto de presentación da Guía de Outes celebrado onte na Casa da Cultura: https://obarbanza.gal/2021/05/outes-acolleu-a-presentacion-da-sua-guia-turistico-cultural/

 
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Convocatorias

Xoan Mariño - 08/05/2021
Ver noticia

Prezados/as socios e socias de Terra de Outes:
En arquivo adxunto remitímosvos a convocatoria para a asemblea anual ordinaria que non puidemos celebrar no seu momento, así como outra convocatoria extraordinaria para elexir nova directiva, que se van celebrar ambas o próximo sábado 8 de maio de 2021
Saúdavos cordialmente
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

Presentación de candidatos para a directiva de Terra de Outes

Xoan Mariño - 08/05/2021
Ver noticia

Adxunto, a presentación de candidatos para a directiva de Terra de Outes que debe ser elixida na asemblea do próximo sábado.

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS

[...]
      Ler máis...

Campaña de compostaxe

Xoan Mariño - 28/04/2021
Ver noticia

     rezados socios e socias de Terra de Outes:

O concello de Outes pídenos difundir a seguinte información:

Acábase de poñer en marcha unha nova campaña de compostaxe e repartirá entre a veciñanza, de xeito totalmente gratuíto, 175 composteiros.

O prazo de solicitude destes composteiros está xa aberto. A súa entrega realizarase durante as xornadas formativas que terán lugar en xuño-xullo.

As persoas interesadas en facerse cun destes composteiros, poden solicitalo chamando ao ☎ 662 52 36 14  ou enviando un correo electrónico a 💻 alba.quintela@outes.gal, indicando nome e apelidos, enderezo da vivenda onde se vai colocar o composteiro e un teléfono de contacto.

Graciñas pola vosa participación e implicación no coidado do noso medio natural.

 

Anexo así mesmo o cartel elaborado con motivo da campaña que nos remitiu Inés Fusquiños, técnica de Foresin, a empresa que está a desenvolver esta campaña de compostaxe no concello de Outes, e que nos agradece por adiantado o reenvío de toda esta información a quen consideredes que lle poida ser de interese. 

 

Un cordial saúdo,

Xoán Mariño

Presidente en funcións da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574