Concentración contra o peche de centros educaitivos
Xoan Mariño 29/06/2017
Prezado socio/a de Terra de Outes: A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración contra o peche de centros educaitivos, para o xoves día 29 ás 11:00 horas diante da Consellaría de Educación, en Santiago. A ANPA do Cruceiro ten previsto acudir e Terra de Outes apoia a protesta, tanto polas razóns pedagóxicas expresadas no maniferesto do consello escolar daquel colexio, como pola nosa oposición ao desmantelamento, non só de servicios privados, (rexistro da propiedade de Muros, sucursales bancarias, supermercados...), senón tamén públicos, como os educativos ou sanitarios, que agravan o despoboamento do rural galego e de Outes en particular, sen que as autoridades nin municipais, nin autonómicas, nin estatais saiban como ou non queiran combater.
Polo futuro de Outes, apoia ti tamén as mobilizacións.