Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Concentración contra o peche de centros educaitivos

     Xoan Mariño      29/06/2017
Ver noticia

 Prezado socio/a de Terra de Outes:
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público  convoca unha concentración  contra o peche de centros educaitivos, para o xoves día 29 ás 11:00 horas diante da Consellaría de Educación, en Santiago. A ANPA do Cruceiro ten previsto acudir e Terra de Outes apoia a protesta, tanto polas razóns pedagóxicas expresadas no maniferesto do consello escolar daquel colexio, como pola nosa oposición ao desmantelamento, non só de servicios privados, (rexistro da propiedade de Muros, sucursales bancarias, supermercados...), senón tamén públicos, como os educativos ou sanitarios, que agravan o despoboamento do rural galego e de Outes en particular, sen que as autoridades nin municipais, nin autonómicas, nin estatais saiban como ou non queiran combater. 

Polo futuro de Outes, apoia ti tamén as mobilizacións.
Xoán Mariño

Presidente da ACCC Terra de Outes.




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574