En adxunto, convocatoria churrascada Terra de Outes. O prezo por persoa andará entre os 12 e os 15 € (menores de 18 a metade, menores de 14, 3€).
Fixádevos no prazo para apuntarse.
Xoán Mariño
A. C.-C.TERRA DE OUTES
Local Social de Outes
Outes-15239
Estimadas socias e socios:
Como todos os anos, no mes de xullo, Terra de Outes organiza unha churrascada para todos os socios/as e colaboradores/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma cunha semana de antelación, a fin de saber coa maior exactitude posible a cantidade de comida e bebida que vai ser necesaria.
A churrascada vai ter lugar o sábado 15 de xullo na área recreativa que o Liceo de Noia posúe en Ceilán e pón á nosa disposición. Como sempre, vai estar supervisada polos nosos “chefs” Francisco Balayo Pancho e Quico Vidal;comenzará a prepararse ás 13 horas e mentres a carne chega ao seu punto, que será en torno ás 14 h., teremos unhas empanadas de entrante e uns viños para os adultos e refrescos para menores de idade.
Durante a sobremesa, aproximadamente ás 17:00 horas, no mesmo lugar presentaremos o nº 39 da nosa revista Terra de Outes.
Para vir á comida é preciso que confirmedes a vosa asistencia –e digades se ides traer acompañante/s– antes do domingo 9 de xullo, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com. Se únicamente ides asistir á presentación da revista, non é necesario anotarse previamente e estades invitados a un café e chupiños se vos apetece.
Un cordial saúdo
Ramón Blanco Fernández
Secretario daA. C.-C.TERRA DE OUTES
Outes, 30 de xuño de 2017