Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Nova

     Xoan Mariño      24/06/2017

Boas compañeir@s:

Tal como se informou na pasada asemblea do día 2 de xuño, envíase esta comunicación dando apertura de prazo para solicitar a reserva de tickets para xantar e cear na carpa mariñeira do XIII Encontro.

Para facilitar a xestión, comunicación e a cobertura (pódese cubrir incluso dende un móbil) creouse este FORMULARIO WEB, onde cada colectivo poderá facer a reserva de tickets que necesite, ademais de informar cantos dos seus membros teñen pensado durmir no pavillón do CEIP Isidora Riestra, na zona de A Seca (para ter preparadas colchonetas abondo)

Recordámosvos as condicións que se acordaron na asemblea:

-O custe de cada comida é de 5 €, inclúe dous pratos, postre e bebida.
-Poderánse facer reservas de tickets ata o día 25 de xuño ás 24 horas.
-As reservas faranse por colectivo, non aceptando reservas por barco nin individuais.
-O pago das reservas efectuarase na caseta de información ao retirar os tickets, coa posibilidade de pagar anticipadamente mediante transferencia bancaria (neste caso, data límite de pago o 25 de xuño ás 24 horas. Contactar coa oficina para recibir instrucións ao respecto 986 524 845)
-Ao retirar as reservas non se aceptarán modificacións, é dicir, recolleranse e pagaranse tódolos tickets reservados.
-O horario de retirada dos tickets será de 10:00-14:30 / 17:00-21:30 de xoves a domingo na caseta de información
Aproveitando a comunicación, recórdase tamén que para a retirada de tickets non reservados, deberase indicar o nome da embarcación ou colectivo ao que pertence. Estes tickets poden retirarse no mesmo lugar e horario indicado anteriormente. 

 

 

AVISO IMPORTANTE: Pode darse a situación de que haxa máis asistencia que a programada inicialmente e, polo tanto, que se esgoten os tickets para unha determinada comida. Deste xeito, os participantes que non fixeran reserva, NON TERÁN COMIDA GARANTIDA , polo que animamos á xente a que reserve, ou retire os tickets canto antes unha vez comezado o Encontro.

Para calquera dúbida o aclaración podedes poñervos en contacto coa oficina (986 524 845) ou enviar un correo a secretaria@culturmar.org

Recibide un saúdo mariñeiro!




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574